- Editorial:
- EDICIONS XERAIS DE GALICIA, S.A. (GRUPO ANAYA)
- Año de edición:
- 2000
- Materia
- Guías de museos, galerías...
- ISBN:
- 978-84-8302-484-3
- Páginas:
- 1
- Encuadernación:
- Cartoné
- Colección:
- < Xenérica >
XACEMENTOS ARQUEOLÓXICOS DE GALICIA
GUÍA PRÁCTICA PARA VISITAR E COÑECER O PATRIMONIO ARQUEOLÓXICO GALEGO
Xacementos arqueolóxicos de Galicia constitúe unha guía práctica para visitar e coñecer o patrimonio arqueolóxico galego, manexable por calquera persoa que sinta interese ou curiosidade.O viaxeiro ou o estudioso poderán gozar da información de máis de trinta xacementos que se describen nas súas páxinas e que abarcan desde o neolítico ata os últimos momentos da época romana, e desde os petroglifos ós campamentos militares. Os xacementos de cada época están precedidos por unha breve explicación xeral que realizaron os autores, os arqueólogos Pilar Barciela e Eusebio Rey.O enfoque e a presentación de Xacementos arqueolóxicos de Galicia achegan os restos históricos á curiosidade do visitante, xa que os contidos están expostos de xeito divulgativo, sempre a partir dos traballos científicos e das memorias das escavacións.O carácter práctico da guía facilita a localización dos xacementos, ofrecéndolle ó visitante un plano cunha proposta de percorrido, información sobre os traballos realizados e un tema relacionado co xacemento.