0

Búsqueda de Editorial : BAIA EDICIONS / Colección : MEIGA MOIRA 33 resultados

  • AURORA AUSTRAL
    AURORA AUSTRAL
    CAJARAVILLE, HÉCTOR
    Ano 2053. Tras unha catástrofe global, todo o mundo está baixo o control da ditadura neixente, que dirixe con man de ferro a vida da cidadanía. Para as novas autoridades a obtención de materias primas, o desenvolvemento de novas fontes de enerxía para fornecer o imparable avance tecnolóxico que defenden e o benestar das elites están por riba da existencia das persoas e da propi...

    18,00 €

  • MEIGALLO_98H
    MEIGALLO_98H
    REGUEIRO, CONCHI
    As cousas prometíanse felices. Cambiar ao instituto Vicencio non tiña por que ser tan malo como semellaba ao principio, se alí ían estar tamén esas novas amizades do campamento de verán. O que Constanza nunca esperara é que precisamente entre bromas e risos naquelas vacacións puideran ter invocado esa presenza arrepiante que agora pon en perigo todo o mundo. Ten que facer algo,...

    19,00 €

  • SIBILA E A MONSTRUOSA FESTA DO SAMAÍN
    SIBILA E A MONSTRUOSA FESTA DO SAMAÍN
    LADO, MARTA
    Como viven as familias vampiras? Que senten, como se relacionan entre elas e cos humanos, cales son as súas preocupacións, medos e anceios? Que monstros herdamos do ideario popular?Disto e moito máis trata a divertida historia de Sibila e a monstruosa festa do Samaín, que narra a visita dos parentes de Sibila ao cemiterio familiar da aldea para pasar tan sinalada celebración, m...

    10,00 €

  • A FOTOGRAFÍA 51
    A FOTOGRAFÍA 51
    CANOSA, MARIA
    A descuberta da estrutura do ADN ten tanto valor que outorgou un premio Nobel a James Watson e Francis Crick por lograr o primeiro modelo correcto, a famosa dobre hélice. Porén, quen posibilitara a determinación da estrutura helicoidal fora Rosalind Franklin, a química que traballaba con cristalografía dos raios X. Esta técnica analiza a difracción ou dispersión dos cristais cr...

    15,00 €

  • DONA DE NÓS
    DONA DE NÓS
    GRACIÁN, ÁNXELA
    Gañadora do 10.º Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil 2022O xurado valorou na obra:A súa proposta de revisión e reescrita da mellor tradición literaria ao incorporar como protagonistas personaxes como o mago Merlín, a fada Morgana, o Príncipe Azul ou os Reis Provenzais, creando un artefacto dramático metaliteraturizado non exento de humor e ironía, onde se visita...

    9,65 €

  • O SEGREDO DE CAAVEIRO
    O SEGREDO DE CAAVEIRO
    QUESADA, MARÍA ANTONIA
    Que segredo gardan as fragas do Eume? Que aconteceu alí hai douscentos anos?Paloma, Paula e mais o seu curmán, Alex, van pasar as vacacións xunto da súa amiga Uxía, filla dun mariñeiro da aldea de aresá de Redes (A Coruña). Teñen pensado facer excursións e ir á praia, mais o verán será moi distinto a como os catro imaxinaran. A familia de Uxía fai fronte a unha grave dificultad...

    18,55 €

  • DON CARLOS E O MISTERIO DOS LUCECÚS
    DON CARLOS E O MISTERIO DOS LUCECÚS
    TORRADO QUEIRUGA, PATRICIA
    Na vila comezan a xurdir sucesos inexplicables e, por se fose pouco, na casa contáronlles que o seu profesor, o único que os podería axudar a buscar unha explicación a tanto misterio, padece unha enfermidade que lle fai esquecer as cousas.Xiana, Maca, Román, Sofía e Afonso convídante a desentrañar cada misterio coa axuda de don Carlos. Unhas pescudas que vos levarán a valorar o...

    12,10 €

  • UNHA PANTASMA BRANCA
    UNHA PANTASMA BRANCA
    CASALDERREY, FINA
    Unha sombra escura rompe a tranquilidade da noite en Penagrande coma unha aparición que viñese do Outro Mundo e a brisa comeza a sacudilo todo. Nese intre, un prolongado e agudo sesear cae baixo as árbores. Parece unha chamada, ou quizais unha queixa que se expande axiña pola aldea. De súpero, uns berros inesperados estoupan coma estralos na torre da auga. O pobo enteiro perman...

    11,06 €

  • AUGA E LUME
    AUGA E LUME
    TOBARUELA, PERE
    Gañadora 'ex aequo' do VIII Premio de Literatura Infantil e Xuvenil Meiga Moira 2018Deva, a moza da época galaicorromana, e Paulo, do século XXI, son os protagonistas da loita desesperada contra unha profecía que ameaza con acabar coa humanidade.Fálase dun pergamiño de primeiros do século IV, cando as terras galegas formaban parte da provincia romana da Gallaecia. Este pergamiñ...

    15,45 €

  • AS VOCES DA AUGA
    AS VOCES DA AUGA
    GRACIÁN, ÁNXELA
    Gañadora 'ex aequo' do VIII Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil (2018).'As voces da auga' destaca pola calidade de lingua empregada, a orixinalidade da proposta e o intenso labor de recreación dunha sociedade xeográfica e culturalmente tan distante como a chinesa. As voces da auga relata unha historia de supervivencia e de aposta pola vida nun contexto histórico...

    14,85 €

  • CATRO PEDRAS VELLAS
    CATRO PEDRAS VELLAS
    TOBARUELA, PERE
    Na bisbarra de Vilar de Abade hai un castro rodeado de toxeiras, coma moitos outros, e coma moitos outros é difícil dar con el. Aínda mantén vestixios da súa importancia pasada, con restos dunha muralla de defensa que, cando foi levantada séculos atrás, era alta e maciza. Xela, gran coñecedora de todos os recunchos de Vilar de Abade e da súa contorna, convida a Fuco, Carlos e ...

    11,06 €

  • A ILLA DO SILENCIO
    A ILLA DO SILENCIO
    VÁZQUEZ ÁLVAREZ, DAVID D.
    A Illa do Silencio conta as aventuras dun rapaz calquera, nacido na ribeira do río Sil, que abandona o seu berce na procura dunhas moedas que poidan sacar a súa familia da miseria que se vive nos últimos anos do século XVI, unha época marcada polas guerras e as pandemias. Embarca o mozo nunha nave rumbo ás Novas Terras, conquistadas e reducidas á escravitude polos colonos euro...

    12,50 €

  • A COVA DA MOURA
    A COVA DA MOURA
    CAROU FIGUEIRA, NATALIA
    Malena e Mateo, o seu antigo profesor da facultade de Historia, son os encargados do anteproxecto de restauración do castelo de Soutomaior. Durante a súa visita atopan por casualidade un manuscrito dunha moza chamada Cleofar, que habitou no castelo no século XVI nun misterioso lugar chamado a Cova da Moura, onde relata os abusos que sufriu a mans do señor do castelo, don Pedro ...

    14,96 €

  • DENÉBOLA A ROXA
    DENÉBOLA A ROXA
    CAJARAVILLE, HÉCTOR
    Denébola a Roxa é unha novela de aventuras de estrutura áxil e dinámica, que relata o desafío dunha muller brava nun mundo de homes. Un exemplo de como a afouteza e a perseveranza conseguen derrubar todas as barreiras.O 15 de marzo de 1600, o mesmo día en que fai quince anos, Denébola recibe a noticia de que o seu pai decidiu enviala como noviza a un convento de clausura. Pero ...

    13,25 €

  • A CERNA DO SEGREDO
    A CERNA DO SEGREDO
    REGUEIRO, CONCHI
    Nesta obra, continuación da enigmática historia vivida n?A herdanza do marqués, o misterio segue a percorrer Vilacardoso. A chegada dos Cerna non parece casual. Seica é unha ameaza ou a oportunidade para a familia Negro de ter aliados nunha aldea onde segue a estar proscrita? De novo Xandra terá que preocuparse polos seus, polos vellos inimigos, polas ducias de quilómetros ...

    14,20 €

  • MIÑA QUERIDA SHEREZADE
    MIÑA QUERIDA SHEREZADE
    MACEIRAS, ANDREA
    Ser un libro é marabilloso. Agás cando chega a vellez. Entón decátaste de que estás feito un farrapo. Os personaxes que viven dentro de ti danche as costas porque non podes ofrecerlle a vida que eles queren. Caes enfermo. Tés tanta febre que súas tinta. E sentes a morte moi preto. Eu non quero rematar así. Sei que aínda teño unha historia máis que contar. Non está nas miñas páx...

    14,20 €

  • BANDEIRAS NEGRAS
    BANDEIRAS NEGRAS
    GALEGO GEN, ANA MARÍA / REZA, CRISTAL
    Obra gañadora do V Premio Meiga Moira de Literatura Infantil e Xuvenil Meiga Moira 2012N'A Illa do Tesouro, Jim Hawkins, o narrador, ou Stevenson, o autor, non dan moitos detalles sobre a vida de Long John Silver. Só temos algúns trazos: que navegou co histórico capitán England, ou que está casado cunha muller negra.Este é o xermolo de Bandeiras negras. Quen é esa misteriosa mu...

    13,25 €

  • O ALENTO NAS COSTAS
    O ALENTO NAS COSTAS
    CAROU FIGUEIRA, NATALIA / SILVAR, CALROS
    A novela comeza cun soño estraño de Mireia, xornalista dunha revista esotérica de Madrid. O soño transcorre nunha aldea preto do lugar natal da protagonista, na Idade Media. Ela ten a sensación estraña de que o personaxe dos seus soños lle quere comunicar algo. Decide retornar á súa aldea dez anos despois de marchar, apremada por un problema de drogas, para facer unha reportaxe...

    17,65 €

  • A NEVE E O LUME
    A NEVE E O LUME
    SUÁREZ, CHELO
    A neve e o lume representa unha achega á literatura galega da narrativa gótica, á vez que unha sentida homenaxe á poetisa arxentina Alejandra Pizamik, da que se recuperan diversos poemas que serven de motivo introdutorio a cada un dos capítulos da novela.Negraneve, a protagonista da historia, ten que superar a protección da Cociñeira e do Leñador, os seus pais, ante a Xente de ...

    13,25 €

  • RODRIBICO, 3. RODRIBICO VAI AO CIRCO (2ª ED.)
    RODRIBICO, 3. RODRIBICO VAI AO CIRCO (2ª ED.)
    GUISANDE, MANUEL
    Rodribico é un paxariño ao que lle encanta estar forte e vivir todo tipo de aventuras. Rodribico habita nunha inmensa árbore, con grandes pólas, e no seu niño ten todas as comodidades que unha ave pode desexar. Ademais de voar, xogar, e divertirse, o que máis feliz o fai é compartilo todo cos seus amigos e amigas. Queres coñecelo? ...

    7,65 €

  • O TESOURO DAS ANIMAS
    O TESOURO DAS ANIMAS
    REGUEIRO, CONCHI
    No peto de ánimas da Leira dos Pintado, en Ponterrubiáns propíciase un misterioso enigma que, segundo unha vella lenda, permitirían descubrir o tesouro que un bispo do século XVIII agachara na vila. ...

    13,15 €

  • A HERDANZA DO MARQUÉS
    A HERDANZA DO MARQUÉS
    REGUEIRO, CONCHI
    Zoila nin imaxinaba que un sitio como Vilacardoso podía encerrar tantos segredos escuros. Bastante fora con deixar a cidade, as vellas amizades e, sobre todo, a Jonathan.Xandra ben coñece eses enigmas: forma parte deles, tan ao seu pesar. Esa ancestral maldición dos Corredores da que nin ela nin a súa familia conseguen fuxir e que tanto lle complica a vida.A herdanza do marqués...

    15,40 €

  • NINGUÉN NACE ANTETEMPO...
    NINGUÉN NACE ANTETEMPO...
    VÁZQUEZ ÁLVAREZ, DAVID D.
    O rol da muller sempre foi o mesmo. A loita pola súa condición de igual aos homes comezou coa humanidade mesma. Non resulta unha reivindicación dos tempos actuais, senón que é máis ben unha pelexa que empeza nos albores da prehistoria.Zor e Mae, unha parella de rapaces, descobren que existe algo máis que violencia no acto de apareamento, na submisión amosada polas femias do cla...

    15,35 €

  • VIOLETA TAMURANA
    VIOLETA TAMURANA
    MACEIRAS, ANDREA
    As fermosas tamuras, capaces de provocar bágoas coa súa beleza, son unhas flores únicas que só medran no corazón volcánico da illa de Tamurana, a máis especial das que forman o Arquipélago Perdido. A pesar da vida harmoniosa que durante séculos levaron os habitantes do Arquipélago, unha maldición pesa sobre as súas vidas e tamén, sobre a das illas: a súa cor violeta. Por iso, c...

    13,80 €

  • BRUNO E O MANTO DE ESTRELAS
    BRUNO E O MANTO DE ESTRELAS
    MARTÍNEZ, SONIA
    Como cada vez que a avoa queda na casa, Bruno ten que durmir na habitación do faiado, pero non lle importa. Ademais, ese día fora o seu aniversaro e recibira de familiares e do seu amigo Dimitar, auténtico inventor de enigmáticos xogos, moitos agasallos, entre os que descubriu un libro cun título moi atractivo: O Manto de Estrelas. Coa súa axuda descobre o Universo e crea nel...

    11,05 €

  • A HERDANZA DO MARQUÉS
    A HERDANZA DO MARQUÉS
    REGUEIRO, CONCHI
    Zoila nin imaxinaba que un sitio como Vilacardoso podía encerrar tantos segredos escuros. Bastante fora con deixar a cidade, as vellas amizades e, sobre todo, a Jonathan. Xandra ben coñece eses enigmas: forma parte deles, tan ao seu pesar. Esa ancestral maldición dos Corredores da que nin ela nin a súa familia conseguen fuxir e que tanto lle complica a vida. A herdanza do mar...

    13,00 €

  • O INFORME DO EMPREGADO MENDES
    O INFORME DO EMPREGADO MENDES
    MONDELO, JOSÉ
    É este un libro de bruxas namoradas que non poden mostrar o seu amor, de ras saltaricas que aprenden da intelixencia e bondade, de fadas que arrolan nenas pobres, de mundos cobizados e afastados que impiden ver o próximo, dun país harmonioso e de anxos rebeldes, de amores imposíbeis pola condición social e dun empregado especialmente eficiente. Sete relatos nos que, cunha rica...

    11,05 €

  • VALENTINO RUFINI E ÂKIL PILLABÁN, DE VIAXE A MILÁN
    VALENTINO RUFINI E ÂKIL PILLABÁN, DE VIAXE A MILÁN
    SALGUEIRO, ROBERTO
    Esta comedieta farsesca dirixida ao público infantil, como a define o seu autor, transcorre en Venecia (Italia) nunha fría noite do século XVIII. Valentino Rufini, de regreso á súa casa en Milán, é abandonado polo seu criado, que marcha con todos os seus cartos. Só e cargando co seu baúl de viaxe, decide pasar a noite nunha casa en ruínas no camiño por onde pasará a carruaxe qu...

    10,40 €

  • OS GLOBOS DE ANDAR
    OS GLOBOS DE ANDAR
    LÓPEZ RODRÍGUEZ, XAVIER
    A partir de 8 anos Outra cidade. Un novo barrio. Outro colexio cheo de compañeiros descoñecidos. No momento da nova mudanza, Marcos levaba moitas incertezas na mochila. Temía achar soidade, saudade, aburrimento. Daba por seguro que había estrañar. Pero logo dou con amigos cos que estar. E un misterio por resolver, o do neno que non sabía andar sen levar un globo na man. Sen co...

    11,05 €

  • AMÉNDOAS E FLORES SILVESTRES
    AMÉNDOAS E FLORES SILVESTRES
    VÁZQUEZ ÁLVAREZ, DAVID D.
    Avanzaba o século XI cara ao seu remate nunha época de xenreira, de escravitude, de pandemias, de liortas e de guerras... Roi nace nunha pequena aldea asentada no val onde remata o reino de Galicia. É o fillo do ferreiro, un servo máis de don Guzmán, o conde que o domina todo desde a súa fortaleza amurallada. Desde moi pequeno, o mozo soña con ser, un día, un home libre para p...

    13,05 €


01 02