- Editorial:
- BAIA EDICIONS
- Ano de edición:
- 2023
- Materia
- Lectores avanzados, de 9 a 13 anos
- ISBN:
- 978-84-9995-421-9
- Páxinas:
- 88
- Encadernación:
- Rústica
- Colección:
- MEIGA MOIRA
A FOTOGRAFÍA 51
CANOSA, MARIA
A descuberta da estrutura do ADN ten tanto valor que outorgou un premio Nobel a James Watson e Francis Crick por lograr o primeiro modelo correcto, a famosa dobre hélice. Porén, quen posibilitara a determinación da estrutura helicoidal fora Rosalind Franklin, a química que traballaba con cristalografía dos raios X.
Esta técnica analiza a difracción ou dispersión dos cristais creando patróns sobre planos fotográficos que achegan estruturas moleculares tridimensionais. Así obtivo a denominada Fotografía 51 determinante da estrutura da molécula do ADN.
Mais en 1951 as mulleres eran consideradas de pouco valor. Non se lle permitía nin acceder á sala do café da Universidade, reservada aos homes. Tratábanas como a sombras, ocultaban o traballo que desenvolvían.
Que pasaría coa autora da fotografía que propiciou un Nobel? Sería recoñecida?