0

Búsqueda de Editorial : EDICIONS XERAIS DE GALICIA, S.A. (GRUPO ANAYA) / Colección : Fora de Xogo 141 resultados

  • A SOMBRA CAZADORA
    A SOMBRA CAZADORA
    DE TORO, SUSO
    Dous irmáns viven co seu pai nunha casa totalmente arredados do mundo exterior. Fóra hai unha ameaza para todos eles que só o seu pai coñece. Un día o seu encerro vese alterado, e o seu pai advírteos: «Maxinade que a vosa sombra se separa de vós e toma vida de seu. Maxinade que a imaxe do espello toma vida propia e actúa pola súa conta. Ha chegar un momento no que teñades dific...

    12,95 €

  • POETÍZATE
    POETÍZATE
    ALONSO, FRAN
    Cunha concepción desenfadada e rebelde, «Poetízate», a coñecida antoloxía poética feita por Fran Alonso, converteuse, desde a súa publicación, nunha ferramenta de referencia para achegar a poesía á mocidade.E é que a poesía non é aburrida, nin cursi, nin difícil. Esta antoloxía demóstrao, con poemas seleccionados para as persoas que non están afeitas a ler poesía e con códigos ...

    13,50 €

  • AQUELES CORPOS NOSOS
    AQUELES CORPOS NOSOS
    GÓMEZ RAMOS, ADRIÁN
    Todos os actos teñen consecuencias. Fernán e Xandre Malvís buscan recuperar a normalidade nas súas vidas e sandar as cicatrices inflixidas polo enfrontamento cos irmáns Garrido. A cidade, pola contra, non esquecerá con tanta facilidade o conflito entre as dúas familias, e as fauces de Compostela escolleron unha nova vítima.Os Malvís terán que facer uso de todo o seu coñecemento...

    12,95 €

  • CICUTA PARA DOUS
    CICUTA PARA DOUS
    LEIRA, ROCIO
    «Búscase persoa curiosa para resolver crime que aínda non se cometeu.» A aparición desta mensaxe na sección de anuncios por palabras dun xornal esperta a atención de Erundino Terrón, un filósofo solitario e rosmón. Xunto coa súa secretaria Irma, verase inmerso nunha investigación contra o reloxo que o levará a desentrañar as mensaxes cifradas que chegan cada mañá nas páxinas do...

    12,95 €

  • A LEBRE MECÁNICA
    A LEBRE MECÁNICA
    COSTAS, LEDICIA
    As cousas entre Nana e Corvo ultimamente non van nada ben. Conseguiran construír un mundo onde compartían todo: películas, música, manga, videoxogos... Non querían separarse nunca. Mais iso era antes. Agora Corvo desaparece durante horas e non conta onde vai. Cando Nana lle pregunta que lle pasa, enfádase. No seu grupo de amigos ninguén comprende que lle sucede. Desde que empez...

    12,95 €

  • QUE ME PARE O CORAZÓN SE TE ESQUEZO
    QUE ME PARE O CORAZÓN SE TE ESQUEZO
    MACEIRAS, ANDREA
    Blue Shiva é a deusa das redes sociais. Na súa popular canle aparecen os retos virais máis arriscados. Pero tamén é unha deusa fráxil. A noite en que decide camiñar polo bordo dun edificio de dez andares, só desexa que a chuvia deteña a súa ousadía. Porén, Nordestal é unha cidade ventosa, e Blue Shiva precipítase ao seu propio abismo.Axiña as redes sociais difunden a nova da sú...

    13,50 €

  • A LADROA DA BIBLIOTECA DE MEIRÁS
    A LADROA DA BIBLIOTECA DE MEIRÁS
    MEJUTO, EVA
    O prohibido era excitante e aterrador ao tempo. O perigo de ser vista, o medo de que desen con ela, formaba parte dun xogo ao que Mariña estaba prendida. Coábase na mellor biblioteca do mundo, co universo enteiro para ela arrombado nos andeis. Ata que non puidese saír da aldea, ese era, sen dúbida, o único paraíso posible. Ás veces a felicidade era tal que esquecía onde estaba ...

    13,50 €

  • UN ELEFANTE NA SALA DE ESTAR
    UN ELEFANTE NA SALA DE ESTAR
    DÁVILA, BERTA
    A morte por suicidio de Rosa acontece unha mañá de outono, mentres o seu home está no traballo e os seus fillos adolescentes acoden ao instituto como un día calquera. Na súa ausencia, as voces das persoas que a querían contan quen era.O papel que cada unha delas xoga na vida de Rosa, as contradicións íntimas e os diferentes xeitos de afrontar a dor, a culpa e o estigma social d...

    13,50 €

  • O CONSERXE
    O CONSERXE
    VÁZQUEZ SOMOZA, XOSÉ LUÍS
    A vida nun IES de nova creación vese alterada por un acontecemento dramático: aparece o cadáver de Iria García, unha alumna de 1º de Bacharelato, colgado no aro dunha canastra. As protocolarias investigacións policiais e xudiciais conclúen, segundo o criterio do conserxe, cun desacertado informe de posible suicidio. A partir de aquí comezan as indagacións oficiosas do propio co...

    13,50 €

  • IN MEMORIAM
    IN MEMORIAM
    CARBALLUDE, PEPE
    A chegada dun grupo de voluntarios da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica para escavar o antigo Parque da cidade, onde se cre que están os restos dun fusilado pouco despois da Guerra Civil, desencadeará un lote de sorpresas, que saldarán débedas pasadas e avivecerán vellas historias adormecidas. Novela de plena actualidade, na que se quere facer xustiza e homena...

    13,50 €

  • SANTOAMARO
    SANTOAMARO
    FRAGA, ANTONIO MANUEL
    Finalizado o seu derradeiro ano no instituto, unha cuadrilla de rapaces e rapazas disponse a gozar do verán tras o cal, posiblemente, os seus camiños se afastarán para sempre. Despois dunha noite de festa acaban na praia de Santo Amaro, onde prometen xuntarse nas madrugadas dos sábados para bañarse no mar e conversar. Nese único escenario van agromando as relacións e os segredo...

    13,50 €

  • CAMIÑO PERIGOSO
    CAMIÑO PERIGOSO
    LOUREIRO, ÁNXELA
    En tempos das revoltas irmandiñas, a vida non era doada para a xente do común. A protagonista decátase da inxusta realidade ao ver en perigo a súa familia e decide emprender un arriscado percorrido na procura da liberdade dos seus seres queridos. A adversidade, a fatiga, os medos e as doenzas non impiden que siga adiante e se mergulle nunha apaixonante aventura.A narración mest...

    13,50 €

  • A RAÍÑA GALEGA
    A RAÍÑA GALEGA
    DURÁN, XOSÉ
    Nacín hai xa moitos séculos. Son a lingua galega, filla dunha poderosa raíña e duns belicosos reis que moraban no noroeste da Península Ibérica. Fun admirada en Europa e cortexada por reis, nobres e bispos. Os trobadores tanxían os seus instrumentos cantándome nos pazos e castelos, mentres os xograres alegraban as festas comigo. Mesmo os poetas de Castela, Andalucía e a Provenz...

    13,50 €

  • OS CORPOS INVISIBLES
    OS CORPOS INVISIBLES
    PEDREIRA, EMMA
    L. C. é unha rapaza de quince anos que traballa desde os oito nunha fábrica téxtil de Londres en plena Revolución Industrial, onde as nenas escravas son parte da produción en cadea. A vida de L. C. dá un xiro cando cae nas súas mans unha carta escrita por Prometea Stoner, unha muller de familia acomodada propietaria dunha cadeira de rodas motorizada, unha saúde fráxil, toda unh...

    13,50 €

  • PENUMBRA
    PENUMBRA
    LANDESA, DANIEL
    A desaparición de Bryn, unha das sentinelas do muro de entullo que protexe Terra de Sol do escuro reino de Penumbra, pon de manifesto a sombra que ameaza a convivencia entre os cinco territorios de Sol: Desértica, Montaña de Xeo, Cavernas de Sombra, Terra de Sur e Illa Dourada. Ashlyn, a pequena irmá da sentinela desaparecida, é quen avisa as cinco terras do perigo e, ademais, ...

    13,50 €

  • DRAGAL V. O SEGREDO DO DRAGÓN
    DRAGAL V. O SEGREDO DO DRAGÓN
    GALLEGO ABAD, ELENA
    Nalgún lugar da costa galega os dragalianos exploran os seus poderes. Híbridos entre humanos e dragóns, invisibles ao ollo humano durante milenios, poderán eludir a tecnoloxía do século XXI?Mentres o cabaleiro alquimista ensaia a fórmula que garantirá a supervivencia da estirpe, as damas da Fraternidade alíanse para protexer a xestación dunha nova criatura. Pero os inimigos do ...

    13,50 €

  • REVOLUCIÓN DETRITO
    REVOLUCIÓN DETRITO
    DE CEA, XOSÉ
    Ticho é un neno de once anos que malvive nunha chabola xunto co seu pai eivado e a súa irmá Area. El traballa de sol a sol nunha mina de carbón e a irmá fai outro tanto nun vertedoiro de lixo. É a única saída que teñen para sobrevivir na República de Ocidia, un país gobernado con man de ferro por un ditador tan extravagante como sanguinario.A vida de Ticho estará marcada por es...

    13,50 €

  • A GUERRA DOS BOTÓNS
    A GUERRA DOS BOTÓNS
    PERGAUD, LOUIS
    Levada ao cine con éxito en varias ocasións, a novela A guerra dos botóns, de Louis Pergaud, relata a intensa rivalidade que enfronta os nenos e nenas de dúas vilas veciñas, rivalidade que dá lugar a numerosas emboscadas, golpes, batallas, insultos e pedradas repartidas entre un e outro bando. Publicada en 1912, esta obra é un clásico que fala da infancia, da amizade, do compañ...

    13,50 €

  • MEMORIA DO SILENCIO
    MEMORIA DO SILENCIO
    MEJUTO, EVA
    Estación de tren de Ribadavia, verán de 1943. Günter busca ascender na Gestapo destapando unha trama internacional que axuda os xudeus a chegar a Portugal e abandonar Europa. Lola é unha muller brava e xenerosa, que cre na xustiza por riba de todo e arrisca a vida por axudar a quen o necesita. Frieda foxe da Holanda nazi e do seu pasado, arelando empezar unha nova vida en Améri...

    13,50 €

  • A CHAVE DAS NOCES
    A CHAVE DAS NOCES
    DOCAMPO, XABIER
    Mauro coñece a cidade por arriba e por abaixo. Traballa na axencia de detectives Nacho, que acepta todo tipo de casos que lle propoñen para investigar.A aparición dun cadáver nas augas do porto virá interromper as súas actividades de investigador a comisión para verse metido nos turbios manexos dun grupo de «prestixiosos industriais da nosa cidade», como lles chaman os xornais....

    13,50 €

  • APLICACIÓN INSTANTÁNEA
    APLICACIÓN INSTANTÁNEA
    NEGRO, CARLOS
    Con Aplicación instantánea, a poesía conecta de modo inmediato co sistema operativo das túas emocións. Se decides descargar este programa no teu menú de lecturas, terás acceso ilimitado ao universo afectivo de catro avatares que entran na vida co furor da irreverencia: contra a orde exacta dos armarios, contra o balbordo das atraccións de feira, contra o monocultivo cerebral do...

    13,50 €

  • FÓRA DO NORMAL
    FÓRA DO NORMAL
    REIMÓNDEZ, MARÍA
    André, igual ca os heroes da Banda Deseñada como Superman, Batman e A muller marabilla que tanto admira, vive en conflito co seu corpo e coa súa identidade. Un conflito que lle parece irresoluble ata que ao seu instituto de Teis chega Mucha das Anzas, unha rapaza de Ribadeo que, contra todo prognóstico, non se sente fóra de lugar malia a súa orixe rural e a súa forma de entende...

    13,50 €

  • A SOIDADE DO ASASINO
    A SOIDADE DO ASASINO
    REIGOSA, CARLOS G.
    A dialéctica entre o asasino e a vítima ten moitas máis caras das que imaxinamos. E isto é así porque nesta peza teatral, cando os dous comezan a falar, sucede algo inevitable e prodixioso: deixan de ser dous descoñecidos! Xa non son os estraños que eran, porque, con verdades e mentiras, van descubrindo as súas identidades. Isto condiciona a acción, demora os feitos e pon sobre...

    13,50 €

  • SEGREDOS NO SOLPOR
    SEGREDOS NO SOLPOR
    MISA, IRIA
    En Bico durante os meses de vacacións todas as noites son de festa, mais o día que Lucía Xesta aparece tirada na estrada en fronte do Hotel O Solpor o verán semella quedar en paréntese. Algún coche que saíu da rotonda a máis velocidade da debida levouna por diante, e o condutor, ao parecer, deuse á fuga. A Mara que atropelasen a súa compañeira Lucía ás seis e media da mañá fron...

    13,50 €

  • CEIBA DE LUZ
    CEIBA DE LUZ
    LOURENZO, MANUEL
    O achado nunha tenda de antigüidades dunha estatuíña humana, de ouro macizo e fasquía precolombina, desencadea a organización da expedición Ceiba de Luz. Un grupo heteroxéneo formado por dezaoito persoas e comandado pola profesora Sandra Olivares embárcase na aventura de chegar ao mítico Eldorado. Durante máis de dous meses atravesan a selva amazónica no Perú na procura das cul...

    13,50 €

  • 22 SEGUNDOS
    22 SEGUNDOS
    MEJUTO, EVA
    O que non se di é coma se non existise, afirmara o avó un día, e xa ía sendo hora de existir. Ata ese momento só vivira de portas para dentro. Agora xa non había marcha atrás. A cámara pedíalle que falase."Son Álex, un mozo transexual. Abro este vlog para compartir con vós a miña vida. Quen me coñeza e estea a ver este vídeo entenderá moitas cousas, ou mesmo non comprenderá –ou...

    13,50 €

  • CORREDORA
    CORREDORA
    REIMÓNDEZ, MARÍA
    Genet Mullugueta naceu nunha aldea de North Wolloh en Etiopía. Dende noviña o que máis lle gustaba era correr e correr polo ventre da montaña. Mais a fame, a guerra e a figura do pai obrígana a acompañar a súa nai e a pedir esmola polas rúas inseguras e caóticas de Addis Abeba. Alí, vendendo panos nos cruzamentos, Genet coñeceu a Abebe, un médico e voluntario da federación de a...

    13,50 €

  • A CAIXIÑA DOS RANCORES
    A CAIXIÑA DOS RANCORES
    CAJARAVILLE, HÉCTOR
    A xuíza Felpeto, acabada de chegar á localidade costeira de Valdomar, revoluciona a vila coas súas orixinais sentenzas. Cando Estevo é obrigado a pasar todo o verán visitando a Chiruca, a anciá a que atropelara co seu ciclomotor, imaxina unhas soporíferas xornadas aturando as historias daquela muller que cruzara polo paso de cebra sen mirar. Pero todo cambia cando a casualidade...

    13,50 €

  • JULES VERNE E A VIDA SECRETA DAS MULLERES PLANTA
    JULES VERNE E A VIDA SECRETA DAS MULLERES PLANTA
    COSTAS, LEDICIA
    O 21 de maio de 1884 Jules Verne chegou a Vigo a bordo do seu impoñente iate. O afamado novelista levaba moito tempo atrás da pista das misteriosas mulleres planta. Lograría por fin, logo de tantos anos de busca, atopalas naquela baía? Na botica do vello Philipot custódiase un importante segredo: alí, aparentando normalidade, viven a avoa Melisa e Violeta, dúas mulleres rodeada...

    13,50 €

  • A CACERÍA
    A CACERÍA
    COBAS, AMADEO
    Zairo participa co seu pobo na Gran Cacería. É o costume para deixar de ser neno e converterse nun home. Mais á volta todo mudou moito máis do que cabería imaxinar: desapareceron da aldea as mulleres e os rapaces, enxergando un futuro incerto. Que pasou? Ou mellor, para que pasou? E que se pode facer? O Consello de Sabios deberá tomar decisións rápidas e axeitadas para impedir ...

    13,50 €


01 02 03 04 05