
- Editorial:
- EDICIONS XERAIS DE GALICIA, S.A. (GRUPO ANAYA)
- Ano de edición:
- 2024
- Materia
- Lectores avezados, de 13 endiante
- ISBN:
- 978-84-1110-587-3
- Páxinas:
- 184
- Encadernación:
- Rústica
- Colección:
- Fora de Xogo
I'M OBÉLIX
FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, RAQUEL
Isma, un mozo de 13 anos, afronta un novo curso do instituto cun cambio significativo na súa vida: unha diagnose de TDAH. O que en principio semella algo positivo para a familia, xa que chega acompañado de respostas -e mesmo de certo alivio-, converterase nun drama no ámbito escolar, onde o protagonista terá que enfrontarse ao descoñecemento e á falta de sensibilidade dun sector do profesorado e do alumnado.
Con certos toques de humor e unha chea de referencias ao mundo adolescente actual, «I'm Obélix« achéganos á crúa realidade do día a día nun instituto calquera, onde ser diferente é un desafío e, demasiadas veces, constitúe unha traxedia para a vítima e a súa familia.
XVI Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil