0

Búsqueda de Editorial : EDITORIAL GALAXIA S.A. / Colección : Costa Oeste 79 resultados

  • PÚRPURA TERO
    PÚRPURA TERO
    CORTIZO CONDE, DAVID
    Ausela pérdese na gran chaira deserta que cobre case totalmente Púrpura Tero, e busca acubillo nunha cova, onde agarda a que a súa cuadrilla a atope, mentres non deixa de pensar no obxecto que viu caer desde o espazo.No seu planeta abrolla unha planta con propiedades especiais moi cobizada por toda a galaxia. Se desen con ela, podería significar a fin da vida dos chairegos tal ...

    13,90 €

  • A SOMBRA DO GRAFFITI
    A SOMBRA DO GRAFFITI
    BABARRO FERNÁNDEZ, BRAIS
    Unha vila de Estados Unidos vese arrasada por un tornado. Todos puideron escapar agás Bego, unha estudante galega de bacharelato que está de intercambio, quen, ademais de facer fronte á destrución, atopa o cadáver dun rapaz que leva ao pescozo o pano que ela trouxera desde Muros, coas sinaturas de amigos e familia. Soa, sen saber como o finado se fixo con el, e co medo de pode...

    14,90 €

  • EN TERRA ALLEA
    EN TERRA ALLEA
    CARBALLUDE, PEPE
    En terra allea aborda o tema da migración e os dramas colaterais: explotación laboral, dificultades coa vivenda, problemas de convivencia, enganos, abusos…, mais tamén aparece xente boa que tenta poñerse na delicada situación do outro. As relacións humanas, as friccións e os consensos, a imposición e a tolerancia, as penas e os momentos felices, pesan moito no decorrer da trama...

    15,20 €

  • CASTELOS DE CRISTAL
    CASTELOS DE CRISTAL
    FERREIRO GARCÍA, SANDRA
    Noutrora erixíanse brillantes castelos de cristal máis aló do ceo. Agochaban todo tipo de historias e segredos: os contos que a noite recitaba, as lembranzas dalgunha serea, o po das estrelas fugaces... mesmo o cantar das ondas. Mais os castelos de cristal estaban destinados a romper e a caer. Deles xa só quedan fragmentos esparexidos polo mundo e polo tempo, á espera dalgún ca...

    15,10 €

  • LUZ. A HISTORIA NON CONTADA DE JESSE OWENS E LUZ LONG
    LUZ. A HISTORIA NON CONTADA DE JESSE OWENS E LUZ LONG
    CASTRO, FRANCISCO
    Nas Olimpíadas de Berlín de 1936, un atleta negro asombrou o mundo. Jesse Owens gañou catro medallas e avergoñou o nazismo, que o consideraba inferior pola súa cor de pel, dando unha lección deportiva; pero nada do seu éxito sería posible sen un atleta alemán que xogou a vida por axudalo.Este libro conta a historia real de Luz Long, represaliado por Hitler por axudar a un compe...

    14,50 €

  • O OUTEIRO DO AMIEIRO
    O OUTEIRO DO AMIEIRO
    LERTXUNDI, ANJEL
    O protagonista desta novela quere coñecer o mundo, viaxar dun lado cara a outro, gozar das paisaxes e cidades máis fermosas, e non é que sexa moi raro, moitos libros falan disto. Pero o protagonista desta novela non é unha persoa coma ti ou coma min. Non é nin sequera un rato ou un golfiño. Trátase dun amieiro, unha simple árbore. E unha árbore teno moi complicado para ir polo ...

    15,10 €

  • CONTAS DE BUXO
    CONTAS DE BUXO
    FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, RAQUEL
    Lara é unha adolescente que saca boas notas e que nunca dá problemas, pero iso muda cando abandona Gondomar e sobe a un autobús sen lle dicir a ninguén a onde vai. Tras dela, un desengano amoroso, os silencios da súa familia e un León que, sen descanso, a persegue nos seus pesadelos.Sen saber moi ben como, remata en Ribadeo, unha vila unida estreitamente a aquel último verán qu...

    15,10 €

  • MURUROA
    MURUROA
    MARTÍN, MIGUEL
    Mururoa é unha novela que afonda no comportamento humano, tanto a nivel individual como colectivo, diante de noticias que nos afectan no máis profundo do noso ser coma se fosen a explosión dunha bomba atómica.Unha rapaza, Iria, desaparece sen rastro ningún, pero deixa un profundo desacougo na súa familia que, de súpeto, aprende que significa a palabra “amor” logo dunha vida en ...

    17,00 €

  • MEIGAS
    MEIGAS
    FOLGAR BREA, ESTEBAN
    Esta é unha novela sobre meigas, pero non son como ti cres. As desta novela non rouban nenos, non invocan diaños, non botan mal de ollo nin lle fan mal á xente… que non o merece. As meigas desta novela viven entre nós, fan grupos de WhatsApp, vixían que ninguén salte unhas normas determinadas e axudan a quen o pida, pero tamén discuten e se enfadan unhas veces, e bailan e van x...

    15,10 €

  • IDENTIDADE. A NORMALIDADE DO NON-COMÚN
    IDENTIDADE. A NORMALIDADE DO NON-COMÚN
    BARROS, NEE
    Unha obra de teatro que fala da liberdade, da necesidade de ser e, sobre todo, da identidade. O simple acto de nacer marca a nosa vida nun molde que a sociedade se encarga de contornar e puír. Mais, que pasa se nacemos nun molde “equivocado”?Zé, o noso protagonista, vive unha historia chea de valentía, loitando a contracorrente por construír a súa propia identidade. Coa complic...

    12,75 €

  • ESTA NOITE HEI DE IR A VERTE
    ESTA NOITE HEI DE IR A VERTE
    GARCÍA TURNES, BEATRIZ
    Setembro de 1964. Sabela, unha mestra que acaba de sacar as oposicións, chega á parroquia de Brandeira. Alí agárdana a súa primeira escola e moitas outras cousas que non esperaba atopar: unha casa abandonada, luces misteriosas, unha alumna inquietante, uns amores truncados e as feridas do pasado que continúan abertas. Sabela descobre que non todo é o que parece, que a vida semp...

    14,60 €

  • A CÁMARA ESCURA
    A CÁMARA ESCURA
    BAÑOS DE COS, JOSÉ LUÍS
    III Certame de textos teatrais Roberto Vidal Bolaño 2020Alicia comparte unha foto súa co seu crush. Con dezaseis anos hai moitos motivos que te obrigan a “compartir”. Pode recoller nunha foto toda a historia dunha dor? Pode borrarse unha foto e facelo coa dor tamén? Alicia envía unha foto e a instantánea vólvelle reenviada coma unha labazada. Alicia contra Alicia.José Luis Baño...

    10,50 €

  • ATRANCO NO BANCO
    ATRANCO NO BANCO
    NUÑEZ SINGALA, MANUEL
    Hai atracos e hai atracadores, pero poucos tan zoupóns, trapalleiros e inútiles como os que tentan roubar o banco nesta divertida comedia que tes nas mans, como non podía ser doutra maneira se o autor é Manuel Núñez Singala.Un dúo de ladróns sen vocación, un director de banco máis delincuente que os propios atracadores, unha secretaria que parece inxenua pero que non o é tanto....

    12,95 €

  • IRIDIUM
    IRIDIUM
    CASTRO, FRANCISCO
    Iridium é unha historia de amor. Ou é unha historia de discriminacións e inxustizas. Ou é unha historia sobre a amizade máis aló das dificultades. Ou é unha historia sobre unha raíña do Instagram e un malote moi malo.Esta novela conta a historia de Iris, unha rapaza que cursa primeiro de bacharelato e que, coma tantas e tantos do seu tempo, quere vivir a vida con intensidade. P...

    12,95 €

  • OS NENOS DA VARÍOLA
    OS NENOS DA VARÍOLA
    SOLAR, MARIA
    Desta volta achégase a unha das aventuras máis importantes da historia da humanidade, protagonizada por uns nenos que non tiñan idea de facerse heroes. Aínda que o foron. Nos seus pequenos corpor, brazo a brazo, levaron a vacina da varíola a América. Sacados dos hospicios da Coruña, Santiago e Madrid, cruzarán o Atlántico formando parte da Expedición do doutor Balmis e na que u...

    15,50 €

  • REO
    REO
    FRAGA, XESÚS
    Esta é a historia de Reo, un rapaz calquera dun barrio calquera.Pero Reo é o rei dos graffiteiros da cidade: o que máis bombardea coa súa sinatura, o máis comprometido coa súa arte; o mellor. O graffiti é o que lle permite dar saída a todas as inquedanzas que lle bolen na cabeza. Ata que un día un misterioso rival o reta nos muros da cidade. Unha confrontación da que emerxerá t...

    15,10 €

  • O ACHADO DO CASTRO
    O ACHADO DO CASTRO
    NUÑEZ SINGALA, MANUEL
    O autor lévanos á Roma antiga, mais faino xogando coa lingua obrigando a que os personaxes falen coma nós, con termos de hoxe en día, o que nos leva a situacións moi cómicas dende un "latín" un chisco especial. Como boa historia romana, hai un emperador, que é de todo agás espelido, soldados, filósofos barbudos e sabios, e... unha historia de amor. Humor, situacións inauditas e...

    12,60 €

  • COMEDIA BÍFIDA
    COMEDIA BÍFIDA
    NUÑEZ SINGALA, MANUEL
    Cómpre que esteades mortos para participardes nesta farsa do xuízo final. Se non o estades, quizais poidades asistir a este encontro con algunhas das situacións que a diario vivimos en relación co galego. Dispoñédevos a rir, sorrir e pensar. Porque algunhas das cousas que facemos e dicimos sobre a nosa lingua non as entende nin san Pedro. ...

    14,15 €

  • O ARMIÑO DORME
    O ARMIÑO DORME
    NEIRA CRUZ, XOSÉ ANTONIO
    Ser muller non é doado en pleno século XVI. Fóra da gaiola de ouro do palacio, ferve un mundo cheo de perigos, pero tamén de liberdade. O amor entrará na gaiola de Bia para trastocalo todo. ...

    15,10 €

  • CASTELAO SEGUNDO RAÑOLAS
    CASTELAO SEGUNDO RAÑOLAS
    ALEIXANDRE, MARILAR
    Esta é unha biografía de Castelao un pouco diferente das que estamos afeitos a ler, pois a autora tivo a brillante idea de pedirlles aos personaxes creados por Alfonso Daniel que a axudasen a contar algúns detalles da súa vida. Porque, no fin de contas, estes personaxes viviron moi de preto os pasos do grande escritor, debuxante, político e pensador de Rianxo.Así foi como Rañol...

    14,50 €

  • FÓRA DE CAMPO
    FÓRA DE CAMPO
    FERNÁNDEZ RIAL, ROSALÍA
    Nere, @nerenao para as escasas seguidoras de Instagram, é unha moza dilixente e vivaz que adora as súas amigas e se leva ben coas compañeiras do equipo de vólei. É unha adolescente máis, unha estudante máis dun instituto máis, coma calquera outra.Pero todo cambia cando Gladius, o influencer máis admirado pola comunidade, repara nela. En canto lle pide participar na súa nova ser...

    10,50 €

  • A LISTA DAS COUSAS IMPOSIBLES
    A LISTA DAS COUSAS IMPOSIBLES
    GONZALVO, LAURA
    Di Clara que cando Guim a deixou, só pouco antes do seu aniversario dos dezaoito anos, fíxoo porque tiña ganas de “facer cousas”. De vivir a vida. Que non sabía, que non podía saber, que só seis meses despois un accidente de moto o ía deixar en cadeira de rodas e que sería ela quen viviría a vida que el imaxinara. Di que a de Guim terminou sendo unha vida totalmente distinta. U...

    17,85 €

  • PODER NON É QUERER
    PODER NON É QUERER
    RIVAS CANTELAR, NOELA
    Mariña esperta aos seus 17 anos nun hospital e non lembra nada do que pasou na tola festa do Samaín da noite anterior. A través das interesadas confesións dos amigos do instituto e dos familiares que a visitan, vai apañando os anacos do que aconteceu e da espiral autodestrutiva en que estivo inmersa nos últimos meses: un remuíño de desexos reprimidos, adiccións, descubertas sex...

    16,85 €

  • O CASO DO ASASINO INVISIBLE
    O CASO DO ASASINO INVISIBLE
    JORDI SIERRA I FABRA
    Desde que Berta se tivo que facer cargo da axencia de detectives de seu pai e se enfrontou a unha chea de casos e problemas, xa non é a mesma. E o último ano converteuse nunha espiral de tensións, sucesos e cambios na súa vida.Agora está piques de saír o primeiro disco do seu grupo, que a enche de ilusión; pero ten que decidir se continúa a súa relación con Néstor, se segue coa...

    17,75 €

  • VALDEMULLER
    VALDEMULLER
    NEIRA CRUZ, XOSÉ ANTONIO
    Valdemuller é unha historia de iniciación onde Mina, unha rapaza que acaba de facer quince anos, se interna no mundo dos coñecementos ancestrais das mulleres que saben, que sempre souberon ao longo dos séculos, malia as invisibilidades e os silencios impostos. Tamén é o nome dunha fraga frondosa e enigmática situada no corazón da provincia de Lugo, ademais do título desta nove...

    14,50 €

  • A DONA DE AURIA
    A DONA DE AURIA
    POMBO GRAÑA, ANDRÉS
    A novela é a continuación de O segredo das Burgas de 2018, seguindo as aventuras do medio-demo Ciprianiño, Cip para os amigos, a meiga Landelina e a súa mestra, dona Ádega.A historia comeza cando a meiga de meigas é chamada ao Edificio Simeón para tratar cunha invasión de trasnos. O que semella un simple caso de falcatruadas sobrenaturais pronto desvela ser unha conspiración pa...

    15,50 €

  • LUME
    LUME
    BAÑOS DE COS, JOSÉ LUÍS
    Roi, un rapaz de dezaseis anos, cunha vida igual á doutros rapaces da súa idade, toma unha serie de decisións que o levarán a cometer un horrible crime. Cal é a causa pola que isto sucede? A verdadeira protagonista de Lume é a violencia, cada vez máis presente na nosa sociedade, con múltiples formas e, en moitos casos, agochada tralo anonimato da masa grupal. Contada de xeito n...

    10,50 €

  • MISS ANTROPÍA
    MISS ANTROPÍA
    CASTRO PAREDES, FERNANDO
    Noe está anoxada co mundo. Non encaixa. Todo se esboroou tras a morte do pai e séntese atrapada e sen horizontes. Odia a súa nai. Odia canto a rodea. A súa furia interior acaba envorcándose na creación dun perfil falso nas redes sociais: “Miss Antropía”, no que inventa a vida dunha rapaza que está morrendo de cancro.A nai de Noe decide mudarse. Un cambio radical. Un novo comezo...

    17,75 €

  • CABALGAREMOS TODA A NOITE
    CABALGAREMOS TODA A NOITE
    GURT, CARLOTA
    PREMIO MERCÈ RODOREDA 2019Carlota Gurt debuta na literatura con Cabalgaremos toda a noite (Premio Mercè Rodoreda 2019), un talentoso libro que nos achega á liberdade, un abismo de desexos e medos ao que nos asomamos transitando por unha corda frouxa, con personaxes próximos, que poderían ser calquera de nós, cos seus amores e medos. Un avanzar ás escuras cara a metas aparenteme...

    15,10 €

  • NA CERNA DA SELVA
    NA CERNA DA SELVA
    TOBARUELA, PERE
    Xiao, un rapaz de dezaseis anos, escribe un traballo sobre xabarís co que gaña un premio convocado polo Zoolóxico de Barcelona: unha estadía de cinco semanas en Ruanda en compaña de Dian Fossey, investigadora famosa polos seus traballos de protección e divulgación dos gorilas de montaña. Unha oportunidade única que permitirá que viva en primeira persoa o encontro entre dúas civ...

    15,10 €


01 02 03