
- Editorial:
- EDITORIAL GALAXIA S.A.
- Ano de edición:
- 2023
- Materia
- Lectores avezados, de 13 endiante
- ISBN:
- 978-84-1176-061-4
- Páxinas:
- 246
- Encadernación:
- Rústica
- Colección:
- Costa Oeste
PODER NON É QUERER
RIVAS CANTELAR, NOELA
Mariña esperta aos seus 17 anos nun hospital e non lembra nada do que pasou na tola festa do Samaín da noite anterior. A través das interesadas confesións dos amigos do instituto e dos familiares que a visitan, vai apañando os anacos do que aconteceu e da espiral autodestrutiva en que estivo inmersa nos últimos meses: un remuíño de desexos reprimidos, adiccións, descubertas sexuais, veladas ameazas, segredos inconfesables
e unha misteriosa caixa de zapatillas de ballet que forma parte da súa historia familiar.
Mariña decatarase de que o sacrificio que por ela fixeron durante anos os seus seres máis queridos non merece esmorecer a causa do odio que se profesa a si mesma.
Noela Rivas debuta nas nosas letras retratando con brío e fidelidade a mocidade galega actual sen ambaxes, tal e como son, pensan, desexan e actúan.