0

Búsqueda de Editorial : EVEREST GALICIA / Colección : Punto de Encontro 21 resultados

  • ANDAINAS DE PEDRO CHOSCO
    ANDAINAS DE PEDRO CHOSCO
    CARBALLUDE, PEPE
    Todo o mundo sabe que Pedro Chosco é o misterioso personaxe que fai adormecer os rapaces. Pero, ¿que inesperadas aventuras nos agardarían se, como lles pasa a David e a Marcos, nos atopásemos realmente con el? Diso trata a presente novela, na que se mestura o real e o imaxinario, a tradición e a modernidade, o pasado e o presente. Desde a primeira páxina, o lector fica engancha...

    9,50 €

  • OURO NEGRO
    OURO NEGRO
    PERELEDI (PERE TOBARUELA, LEDICIA COSTAS)
    ?Se quere volver ver os seus fillos e mais a súa irmá, siga as nosas instrucións?.A inspectora Nola acaba de recibir no seu móbil esta inquietante mensaxe. Mal empezan as súas vacacións. Está no aeroporto de Algures, esa fermosa illa á que viaxou coa súa familia para pasar uns días de descanso todos xuntos. E, de súpeto, chega esa mensaxe e todo se torce. ¿Por que secuestraron ...

    9,50 €

  • A AVENTURA DOS NÚMEROS, 2
    A AVENTURA DOS NÚMEROS, 2
    DÍEZ TORÍO, ANA MARÍA / ESTÉBANEZ ESTÉBANEZ, AURORA / CALVO ROJO, MARÍA DEL CARMEN
    Obxectivo xeral: estimular a capacidade lóxico-matemática para razoar, experimentar e construír unha base sólida sobre a que sustentar todos os coñecementos. Nº 2: Número 4 e repaso. Series ascendentes e descendentes, identificar segundo un código, situacións problemáticas e avaliación. ...

    6,00 €

  • XARDÍN DE INVERNO
    XARDÍN DE INVERNO
    COSTAS, LEDICIA
    Xardín de Inverno nace do drama da morte. A partir da perda, empréndese un intenso percorrido por distintos escenarios cargados de símbolos. É unha viaxe introspectiva cara ao lugar máis puro e máis desolador: o propio eu. Como superar a dor da ausencia? A obra vai tecendo os fíos necesarios para soster a alma cando está a piques de se precipitar ao baleiro máis absoluto. Xardí...

    9,50 €

  • MISTERIO RESOLTO
    MISTERIO RESOLTO
    BLANCO, CONCHA
    Suso é un adolescente que vive tranquilo na súa aldea natal. Ten un grupo de amigos e amigas cos que se divirte. O cura da parroquia tamén comparte con el momentos de lecer. O irmán máis vello preocúpase por el: é un rapaz moi querido; con todo, Suso é protagonista de certas vivencias, envoltas en misterio, que o desacougan ata que o seu xemelgo lle achega a luz necesaria para ...

    9,50 €

  • PÁXINAS DE CARRICANTA
    PÁXINAS DE CARRICANTA
    FERNÁNDEZ, ANA
    Páxinas de Carricanta proponnos un metafórico percorrido vital a través das experiencias cotiás dun humilde animal, que, como calquera ser humano, teima na procura de respostas perante os misterios da existencia: o nacemento, o amor, as intuicións telúricas, o arcano da vida e a morte... Da man dos recursos formais, o lector acaba por fundirse coa mensaxe lírica que envolve o m...

    9,50 €

  • MORTOS DE NINGURES
    MORTOS DE NINGURES
    PERELEDI (PERE TOBARUELA, LEDICIA COSTAS)
    ¿O sangue é vermello? Ata a aparición daquel cadáver a inspectora Nola sempre pensou que si.Na última semana, en Todures apareceron mortos seis inmigrantes procedentes de Ningures.¿Por que todos eran ningurenses? ¿Cantas persoas máis ían morrer? ¿Por que o sangue daquel cadáver era verde? ¿Que se agochaba tras aquilo? Á inspectora Nola amólalle non dar contestado os interrogant...

    9,25 €

  • ULISES
    ULISES
    PONTÓN, ANA / BRAXE, LINO
    Obra teatral onde o mundo clásico dialoga co contemporáneo en clave irónica, feito que se fai aínda máis patente nas ilustracións de Xosé Cobas.Un texto especialmente atractivo para os máis novos e que lles esperta o interese polo coñecemento das obras e dos mitos clásicos da cultura universal. ...

    8,95 €

  • O DEUS DESAPARECIDO
    O DEUS DESAPARECIDO
    GARCÍA VILARIÑO, ANDRÉS / CARBALLUDE, PEPE
    O feito insólito da desaparición do personaxe principal do cadro "A Fragua de Vulcano" de Velázquez é o punto de partida. En efecto, durante unha exposición itinerante do devandito pintor sevillano que ten como primeiro destino a cidade de Faro (na Coruña), no mesmo intre da inauguración, descóbrese que falta o deus Apolo. Que puido suceder? Onde se meteu o atractivo deus? O de...

    9,25 €

  • LABYRINTHUS
    LABYRINTHUS
    GARCÍA, XOSÉ LOIS
    Peza teatral distribuída en tres actos protagonizados por doce iniciados que foron seres terreais e agora son emisarios de redención na Táboa Redonda (entre eles, personaxes coñecidos como Artur ou Merlín). Unha voz misteriosa anúcialles aos doce elixidos que están nunha terceira dimensión e nela terán que liberar unha terra oprimida por medio de probas. Os doce protagonistas e...

    8,95 €

  • SUSO ESPADA.
    SUSO ESPADA. "NOTA ROJA"
    FERNÁNDEZ NAVAL, FRANCISCO X.
    ADN, a axencia de detectives na que traballa Suso Espada, recibe o encargo de investigar un suposto caso de 'mal de ollo'. Nesas anda cando recibe un misterioso correo electrónico do seu curmán Francisco, que vive en México, no que lle pide axuda. Con autorización do seu xefe e sen abandonar o caso no que está a traballar, Suso desprázase a Oaxaca, a cidade onde reside a famili...

    9,50 €

  • AS PALABRAS ESTÁN A MIRARSE ARREDOR DA MESA
    AS PALABRAS ESTÁN A MIRARSE ARREDOR DA MESA
    GARCÍA TEIJEIRO, ANTONIO
    As palabras están a mirarse arredor da mesa abrangue un conxunto de poemas que se moven entre a sobriedade e a intensidade formal. A partir dun verso de Gioconda Belli, o autor exalta a forza da palabra poética nun mundo que precisa dela. Reivindica a necesidade da existencia dos poetas para que artellen espazos nos que o poder da lírica marque os límites dos sentimentos humano...

    9,50 €

  • XOGRARES DUN TEMPO NOVO
    XOGRARES DUN TEMPO NOVO
    CARBALLUDE, PEPE
    Xograres dun tempo novo é unha historia de amor tráxico. Francisca Porta, unha muller recluída nunha residencia da terceira idade, diante do autorretrato de Agustín Llaneza, o compañeiro paseado durante a guerra civil, lembra as súas andainas coas Misións Pedagóxicas. Neste labor encomiable para tentar paliar as diferenzas de oportunidades culturais existentes desde sempre entr...

    9,50 €

  • A IDADE DO ORBALLO
    A IDADE DO ORBALLO
    GARCÍA, XOSÉ LOIS
    A idade do orballo conxuga dúas expresións que consolidan a creatividade narrativa do autor: o real e a ficción. Dous contextos que trascenden unificados e sen perder cada un deles a súa identidade e atribución.Un auténtico inventario de formulacións e referencias á terra, ao home e con recorrencia ao mito e á historia, todo en clave de ficción. ...

    8,95 €

  • ROMAXE DE DESVENTURAS
    ROMAXE DE DESVENTURAS
    CARBALLUDE, PEPE
    Á vila de Leiroso chega un veciño a quen ninguén vía dende había dez anos. En contra do que poida parecer, a súa visita non é causa de alegría nin para a familia nin para os coñecidos. Máis ben, este encontro o que provoca é un gran desacougo en case todas as persoas que se cruzan no seu camiño.O visitante é o espírito de Lisardo Novo, morto dez anos atrás por levar unha vida p...

    9,50 €

  • SUSO ESPADA. ISTANBUL E O CABALIÑO DE OURO
    SUSO ESPADA. ISTANBUL E O CABALIÑO DE OURO
    FERNÁNDEZ NAVAL, FRANCISCO X.
    ADN, a axencia de detectives na que traballa Suso Espada, decide envialo a Istanbul para investigar a desaparición dunha muller de orixe española, presa dende hai anos nunha cadea turca. Suso albiscará o misterio e os perigos que envolven esta desaparición, circunstancias agravadas polo feito de ter que desenvolver as pescudas nunha sociedade complexa e nunha cultura para el de...

    9,50 €

  • HISTORIAS QUE CONTAN AS PAREDES
    HISTORIAS QUE CONTAN AS PAREDES
    FERNÁNDEZ, ANA
    As paredes son refuxio, barreira, compaña e apoio para todos aqueles que se paran a observar as pegadas que o tempo foi imprimindo nelas. Moitas destas marcas nos lembran os nosos propios sentimentos, que se funden ou reflilcten na sombra que proxectan. Pasear pola rúa ou polos cuartos da casa fai que nos reencontremos cos obxectos que forman parte da nosa vida emocional, da no...

    9,50 €

  • HABITACIÓN 202
    HABITACIÓN 202
    BLANCO, CONCHA
    "Habitación 202" colle o seu nome dun dos diferentes escenarios no que se desenvolve esta historia de maquinacións, pesadelos e aparicións. O personaxe principal, que se estrea como licenciado xornalista, comeza a recibir recorrentes visitas dun ser que aparenta chegar do Alén conseguindo alterarlle o ritmo da súa vida cotiá. Isto lévao a pescudar sobre o seu propio pasado, que...

    9,50 €

  • NANO
    NANO
    BLANCO, CONCHA
    Nano é un mozo que ben se pode identificar co inverno, pola súa cor gris, estación do ano de días curtos e noites largas. Nano procura recoñecerse e aceptarse tal como é, cos seus defectos e virtudes. Inténtao primeiro da man de Mali e logo da de Román. Cústalle abrir a porta da gaiola na que el mesmo se pecha cada día e comezar a voar, proxectándose libremente ao exterior ante...

    9,50 €

  • O TALISMÁN DOS DRUÍDAS
    O TALISMÁN DOS DRUÍDAS
    CARBALLUDE, PEPE
    O Consello de Anciáns dos Nerios, habitantes do castro de Amarelle, mira con preocupación cara ó futuro ante o proximo ataque do pobo romano. O cego druída Arístides, para estaren preparados ante os invasores, propón recuperar o talismán desaparecido coa ntervención do mozo Kanerez, que deberá superar tres probas para demostrar que el é o elixido. ...

    9,50 €

  • A HISTORIA DO HOME-CAN
    A HISTORIA DO HOME-CAN
    CARBALLUDE, PEPE
    O señor Dos Santos vive tranquilo e sen sobresaltos. A convivencia coa súa muller e unha boa posición económica permítenlle levar unha vida cómoda e despreocupada. Unha das súas afeccións é viaxar e agora, xa xubilado, emprega boa parte do seu tempo en percorrer mundo para visitar países exóticos. Nun deles coñece un indíxena que lle fala das posibilidades rexuvenecedoras dun e...

    9,50 €