- Editorial:
- EVEREST GALICIA
- Ano de edición:
- 2011
- ISBN:
- 978-84-403-1163-4
- Páxinas:
- 120
- Encadernación:
- Otros
- Colección:
- Punto de Encontro
O DEUS DESAPARECIDO
GARCÍA VILARIÑO, ANDRÉS / CARBALLUDE, PEPE
O feito insólito da desaparición do personaxe principal do cadro "A Fragua de Vulcano" de Velázquez é o punto de partida. En efecto, durante unha exposición itinerante do devandito pintor sevillano que ten como primeiro destino a cidade de Faro (na Coruña), no mesmo intre da inauguración, descóbrese que falta o deus Apolo. Que puido suceder? Onde se meteu o atractivo deus? O detective Sito Pescudo ponse en marcha! O divino habitante do Olimpo aproveitará a ocasión para acudir aos diversos lugares e centros de lecer preferidos polos humanos. Para iso é un Deus!
Historia policial e de humor que prende o interese do lector desde a primeira páxina.