0

Búsqueda de Editorial : KALANDRAKA EDITORA / Colección : Demademora 74 resultados

  • ISTO É MOI ESTRAÑO
    ISTO É MOI ESTRAÑO
    TACCHINI, MATILDE
    Un divertidísimo álbum que convida a xogar coas palabras e coas imaxes.Mamá sempre di que eu son o seu pequeno coala. Papá non opina o mesmo,cre que son o seu ratiño. E, cando durmo, non sei por que, os dous pensanque son un leirón...Cada día e en diferentes situacións, os adultos empregamos símiles emetáforas que non sempre son ben comprendidos polas nenas e os nenosmáis peque...

    14,00 €

  • CANTA XENTE SE NECESITA...?
    CANTA XENTE SE NECESITA...?
    FONT, ANNA
    Un orixinal libro-xogo para pensar e compartir sobre os afectos, a convivencia e a solidariedade.Somos animais sociais. Desde que chegamos ao mundo necesitamos ao noso lado persoas que nos coiden, que nos apoien e que nos queiran, persoas quenos axuden a crecer e a compartir, persoas coas que poder construír un mundo mellor. Este álbum convídanos a reflexionar sobre estes aspec...

    16,00 €

  • CINCO RATIÑOS
    CINCO RATIÑOS
    GIRÓN, MARIA
    Un álbum actual ideal para contar co sabor dos contos tradicionais.É hora de merendar e cinco ratiños saen xuntos á busca de algo que levar á boca. Un a un van quedando polo camiño, só Félix continúa ata que, de súpeto, todo comeza a dar voltas…Cinco ratiños é un relato rítmico e divertido que remite aos temas e estruturas da tradición oral: protagonistas animais, triunfo da au...

    14,00 €

  • TARDE DE SAPO
    TARDE DE SAPO
    MUTUBERRIA, MAITE
    Tarde de sapo é un álbum ilustrado divertidísimo cun ritmo narrativo crecente que conduce o lector ata o seu inesperado final. Os seus protagonistas exprésanse dunha forma peculiar, utilizando xogos fónicos e onomatopeas, recursos que apoian a narración e contribúen a dotalos de personalidade.Maite Mutuberria fai uso dunha linguaxe próxima ao cómic, con indicacións de movemento...

    14,00 €

  • TITIRICIRCUS
    TITIRICIRCUS
    TANXARINA (MIGUEL BORINES E TATAN)
    Esta obra de teatro de monicreques é unha homenaxe ao circo, que fixo vibrar a moitas xeracións de nenos e nenas. Dende hai 40 anos, Tanxarina fai posible ese mundo de soños representando funcións de vila en vila. ...

    14,00 €

  • SETE MONSTROS E UN GATO
    SETE MONSTROS E UN GATO
    ORDOÑEZ, RAFAEL / INARAJA, CHRISTIAN
    Un vampiro, un zombi, un fantasma, unha bruxa, unha momia, un homelobo, Frankenstein e? un gato! Onde irán? Chegarán ao seu destino?Acompáñaos neste paseo terrorifificamente divertido, cheo de sorpresas e un sorprendente final.Regresa Rafa Ordóñez cun álbum rimado, inspirado nas fórmulas datradición oral, cuxos protagonistas irán desaparecendo, un por un, daforma máis disparata...

    14,00 €

  • A ESCADA VERMELLA
    A ESCADA VERMELLA
    PÉREZ HERNANDO, FERNANDO
    Quería chegar máis e máis alto pero, en vez de axitar as súas ás, utilizaba unha escada... Cantas veces temos necesitado unha inxección de seguridade e de confianza para acadar os nosos obxectivos... ...

    14,00 €

  • CHIRIMIRI
    CHIRIMIRI
    PÉREZ HERNANDO, FERNANDO
    De una adversidad, como la lluvia que empapa el hogarde una familia de aves, surge la oportunidad para que sus jóveneshabitantes aprendan unos de otros y enriquezcan mutuamentesus conocimientos, con la ayuda de una sabia mamá pájaro.«Chirimiri» es un álbum ilustrado que, desde la sencillez, presentauna historia circular; una cierta metáfora de esta sociedadindividualista que, d...

    14,00 €

  • CHOFER DE SANDÍAS
    CHOFER DE SANDÍAS
    RUBIO, ANTONIO
    «Chofer de sandías» é unha simpática historia ambientada nunha gran cidade, alienada e alienante. Pero mesmo en lugares tan hostís acontecen cousas sorprendentes, excepcionais e insólitas. Como que unha humilde semente de sandía agrome, medre, floreza e dea froitos enroscada nunha farola, convertida en parra luminosa. ...

    14,00 €

  • RATOS NA ESCOLA
    RATOS NA ESCOLA
    OLI
    Logo de «Os ratos da casa» e «Ratos de viaxe», as novas andanzas destes encantadores roedores transcorren na escola,onde se divirten, aprenden e fan algunhas falcatruadas.Dende o punto de vista literario, «Ratos na escola» manténa estrutura dos títulos precedentes, con estrofas de catro versos,rima consoante e palabras encadeadas. Este esquema acentúao ritmo do relato, potencia...

    14,00 €

  • MONCHO E A MANCHA
    MONCHO E A MANCHA
    KIKO DA SILVA
    Ao pequeno Moncho gústalle pintalo todo: a cama, o mantel, a neveira e mesmo o seu propio avó... Logo dunha intensa xornada creativa, empéñase en averiguar o significado dunha mancha de pintura negra que descobre nun papel en branco. Ese borrancho parece transformarse a ollos de quen deixe voar a súa imaxinación pero, na súa teimosa busca, Moncho non atopa ninguén capaz de darl...

    14,00 €

  • NA COLA PARA A ARCA
    NA COLA PARA A ARCA
    PAPATHEODOULOU, ANTONIS
    «Na cola para a Arca» é unha homenaxe ao teatro en clavede humor que, a través dun cómico enredo, xoga cos dobressentidos e co torrente de sensacións que provoca un malentendido.Tras «Unha última carta», os gañadores do IX Premio InternacionalCompostela de Álbum Ilustrado, Antonis Papatheodouloue Iris Samartzi, volven con outra lectura divertida de pousoentrañable nun atractivo...

    16,00 €

  • PAXAROS
    PAXAROS
    ORTEGA, NATACHA
    «Paxaros» é un poema-canción protagonizado por nenas e nenos que converten prazas, parques e arboredas en espazos lúdicos de liberdade e creatividade: fogar e xogo como punto de encontro,sen máis infraestrutura que a súa propia imaxinación.Interesada na idea de construír cidadanía a partir da poesía, Natacha Ortega creou esta obra como parte dunha intervención urbana -dentro do...

    14,00 €

  • UN RICO PASTEL
    UN RICO PASTEL
    VOLTZ, CHRISTIAN
    "Oh! Que desatre! Invitei a dona Branca a merendar…Dende hai unha hora, estou intentando facer un pastel…Pero non hai xeito nin dereito! Está a quedar como un puré!E iso que fixen a receita paso a paso…"Facer «Un rico pastel» non é tan doado como parece, nin como explican os libros tradicionais de receitas, nin os dispositivos móbiles actuais. E se non, que llo digan ao pobre D...

    14,00 €

  • ATRAPAMIRADAS
    ATRAPAMIRADAS
    NÚÑEZ, MARINA
    "Hoxe Vera érguese animada, disposta a atopar a solución dunha vez por todas.–Vamos alá!Xa hai tempo que anda preocupada e esta mañá, por fin, decide saír na procura de miradas. Crúzase con moita xente, pero... miradas, non atopa ningunha…"«Atrapamiradas» é o espello da realidade no que moitas nenas e nenos se ven reflectidos cada día, cunha sociedade enganchada aos dispositivo...

    14,00 €

  • CANDO MARTIÑO TIVO GANAS DE MEXAR NA NOITE DE REIS
    CANDO MARTIÑO TIVO GANAS DE MEXAR NA NOITE DE REIS
    HERAS, CHEMA
    Os Reis non entran nas casas dos nenos que non estan durmidos! -espetoulle o pai. -Entón voume deitar cedo ?aceptou o cativo. ...No medio e medio da noite, Martiño espertou coas ganas de mexar? ?Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis? é un atípico conto de Nadal que nos amosa a particular visión dun neno sobre ese acontecemento tan especial. A narración, chea de en...

    14,00 €

  • UNHA CASA A MEDIDA
    UNHA CASA A MEDIDA
    KULOT, DANIELA
    A estatura non ten por que ser un problema insalvable nesta peculiar parella de namorados. Ao plantexarse a convivencia, terán que aguzar o enxeño para lograr que o fogar resulte cómodo para os dous. Esta fábula moderna achégalles aos máis novos conceptos como o amor, a familia, a tolerancia e o respecto, con grandes doses de humor e moito colorido. ...

    16,50 €

  • OS RATOS DA CASA
    OS RATOS DA CASA
    OLI
    O ceo, O monte,queres que cho conte?, pouquiño a pouquiño,cando chega á Terra, subindo e baixando,descansa no monte. achega o camiño…“Os ratos da casa” é un divertido álbum para primeiros lectoressobre as peripecias dunha intrépida familia de roedores que saedo monte e chega a unha casa. Buscan aloxamento? Comida?Non importa tanto a meta como o camiño. Encadeandoos personaxes e...

    14,00 €

  • RATOS DE VIAXE
    RATOS DE VIAXE
    OLI
    Os ratos, O traxe,para ir de viaxe, de gala ou semana,meten na maleta vai mellor colgadocada un o seu traxe. na autocaravana…Despois de “Os ratos da casa”, as novas aventuras destes simpáticos roedores trasládanse á praia para gozaren do bo tempo mentresse divirten. Pero mesmo os preparativos e o propio itinerarioconvértense nunha animada peripecia. ...

    14,00 €

  • O SEGREDO DE AVÓ OSO
    O SEGREDO DE AVÓ OSO
    MAÑAS, PEDRO
    Coma un borrón de tinta chinesa sobre un caderno en branco.Así cae a sombra de Mamá Corvo sobre as árbores.Arroupado coa súa manta de neve, o bosque dorme.Mamá Corvo gralla dende unha póla.–Cinco minutos máis –bocexa o vento...O bosque é o nevado escenario onde se atopan Mamá Corvo e Avó Oso, que interrompeu o seu letargo invernal, incapaz de lembrar onde agochou un segredo. No...

    15,00 €

  • DISTINTA
    DISTINTA
    EVALENCIA, BETO
    Lúa espertou. Non sabe por que…, pero ela séntese distinta. Cada día, mentres uns se queixan por ter que madrugar…, a ela encántalle erguerse cedo para escoitar os segredos que murmuran as nubes da mañá...A capacidade para escoitar as nubes, bambearse nas ondas do mar, aproveitar cada escintileo de luz e de cor que nos ofrece o día ou xogar coa lúa, é unha habilidade da que non...

    14,00 €

  • BROMAS NA ESCURIDADE
    BROMAS NA ESCURIDADE
    KULOT, DANIELA
    Tres pequenos amigos -un oso, unha lebre e un verme- celebran a súa primeira noite xuntos na casa dun deles. Durmir nun lugar alleo ao propio fogar, ir a un campamento ou participar nunha actividade que rompe a rutina familiar son aventuras que a moitas nenas e nenos failles ilusión experimentar: proporciónalles unha sensación de autonomía e madurez, estimúlaos no exercicio da ...

    16,50 €

  • IMAXINA ANIMAIS
    IMAXINA ANIMAIS
    BALLESTEROS, XOSÉ
    O abrenoites, o metrocol, o tibulatas, a bolbopecha...Por terra, mar e aire, estes singulares animais sorprenderán o lector, animándoo a contemplar os trebellos da súa contorna con outro punto de vista, porque nada é o que parece.Ideas que van e veñen, xogos de palabras, ferramentas que deixan de ser o que son para camuflarse nun espazo alleo... Neste libro de creación conxunta...

    14,00 €

  • NINA E ANTÓN
    NINA E ANTÓN
    VENTURA, ANTONIO
    MENCIÓN DO IX PREMIO INTERNACIONAL COMPOSTELADE ÁLBUM ILUSTRADO–Atende, Antón. Se non me escoitas, non che contarei máis contos.O animal observou a nena abraiado.«Estará enfadada? Non entendo por que me di iso.»“Nina e Antón” plasma un momento cotiá entre unha nenae o seu gato, que manteñen un tenro diálogo: as palabras delaentretécense cos pensamentos d...

    15,00 €

  • TOMÁS, O BROMISTA
    TOMÁS, O BROMISTA
    RICO RODENAS, JORGE
    Tomás era un neno moi traste ao que lle encantabaagocharse e disfrazarse cando viñan visitas á casa.Un día veu comer unha amiga da súa nai, que vivía en Francia.Tomás correu ao faiado, cunha manta e un pouco de fíofixo un disfrace de crocodilo. E cando abriu a porta…“Tomás o bromista” reúne todos os ingredientes para gustarlleao público infantil, invitán...

    14,00 €

  • ANIMAIS DE COMPAÑÍA
    ANIMAIS DE COMPAÑÍA
    LOURENZO, MANUEL
    A vella dona María subiu un día ao monte e volveu cunha caixa na que gardara varios bechiños silvestres para que lle fixesen máis levadeira a súa soidade. Aconteceu daquela que unha veciña curiosa e algo lingoreteira quixo saber que había dentro.Dona María contoullo, mais a muller entendeu algo que nada tiña que ver coa realidade. A partir de aí, armouse en toda a vila unha tre...

    14,00 €

  • UN MÁIS
    UN MÁIS
    GONZALEZ, OLALLA
    A chegada dun novo irmán ou irmá suscita a curiosidade do protagonista de ?Un máis?, un relato para primeiros lectoresque destaca pola súa estrutura repetitiva a tres niveis: pola reiteración das fórmulas coas que pequeno coello interpelaa súa nai para saber cando se producirá o nacemento; a outros habitantes do bosque anunciándolles a boa nova e trasladándolles a súa insistent...

    15,00 €

  • GRISELA
    GRISELA
    DE VRIES, ANKE
    Un día, Grisela atopouse moi triste, tan triste coma o seu pelame gris. «Teño que facer algo», pensou. Colleu un bote de pintura vermella e dixo: -Se me pinto dunha cor alegre, seguro que me poño contenta... "Grisela" é unha fábula actual sobre a importancia de ser un mesmo, aceptándose cos defectos e coas virtudes propios de cada un. Cando se sinte mal a causa do seu aspecto, ...

    14,00 €

  • NON É UNHA CAIXA
    NON É UNHA CAIXA
    PORTIS, ANTOINETTE
    Unha caixa é xustamente unha caixa... a menos que non sexa unha caixa. Dende unha montaña a un foguete espacial, o protagonista demostra como unha caixa pode ser todo aquilo que nos permita a imaxinación. Recreando vivencias da súa nenez, a autora aposta por potenciar a economía de recursos de antano: sen apenas nada co que distraerse, pódese converter o obxecto máis sinxelo no...

    14,00 €

  • A ÁRBORE DA ESCOLA
    A ÁRBORE DA ESCOLA
    SANDOVAL, ANTONIO
    "No patio da escola había unha árbore. Só unha.A Pedro gustáballe correr preto daquela árbore durante os recreos. Cando pasaba ao seu lado mirábaa de esguello, para non chocar con ela. Un día, detívose e fixouse no seu aspecto. Era moi delgada, con pólas finas, como de arame, e tiña unhas poucas follas secas.Pedro achegouse e acariñou o seu tronco?"A importancia da educación am...

    14,00 €


01 02 03