
- Editorial:
- KALANDRAKA EDITORA
- Ano de edición:
- 2019
- Materia
- Prelectores, de 0 a 5 anos
- ISBN:
- 978-84-8464-426-2
- Páxinas:
- 40
- Encadernación:
- Cartoné
- Colección:
- Demademora
O SEGREDO DE AVÓ OSO
MAÑAS, PEDRO
Coma un borrón de tinta chinesa sobre un caderno en branco.
Así cae a sombra de Mamá Corvo sobre as árbores.
Arroupado coa súa manta de neve, o bosque dorme.
Mamá Corvo gralla dende unha póla.
Cinco minutos máis bocexa o vento...
O bosque é o nevado escenario onde se atopan Mamá Corvo e Avó Oso, que interrompeu o seu letargo invernal, incapaz de lembrar onde agochou un segredo. Non está entre as árbores, nin no tobo, nin na lagoa
e a inseguridade da dúbida faino sentirse vulnerable.
O misterio envolve esta fermosa obra narrativa na que a natureza
é un personaxe máis; unha natureza humanizada pola poética
do texto de Pedro Mañas, con metáforas que acentúan o ton descritivo da historia.