- Editorial:
- AXÓUXERE EDITORA
- Ano de edición:
- 2020
- ISBN:
- 978-84-948553-6-8
- Páxinas:
- 272
- Encadernación:
- Rústica
- Colección:
- Polimnia
A CONSTRUCIÓN MEDIÁTICA DO CONFLITO
O CASO DE RESISTENCIA GALEGA
DOMÍNGUEZ GARCÍA, HELENA
A emerxencia mediática de Resistencia Galega supuxo unha batalla ideolóxica no eido político da Galiza que obrigou os partidos a posicionárense non só ante o uso da violencia senón tamén ante unha forma de entender o país. Apoiada nun compendio de literatura científica arredor de temas como o nacionalismo, a identidade, o terrorismo, a construción do discurso e a mediatización dos conflitos, Helena Domínguez aborda neste libro o tratamento desta cuestión nos medios de comunicación, axudando a comprender o conflito identitario e mais tamén o impacto que exerceu a prensa na conformación dun imaxinario terrorista que ameazaba con crebar o clixé de pobo amansado e desmobilizado recreado perpetuamente polos xornais.