
- Editorial:
- EDITORIAL GALAXIA S.A.
- Ano de edición:
- 2025
- ISBN:
- 978-84-1176-369-1
- Páxinas:
- 602
- Encadernación:
- Rústica
- Colección:
- Ensaio
A INVESTIGACIÓN EDUCATIVA EN GALICIA 2015-2024
SANTOS REGO, MIGUEL ANXO (ED.)
Facer un estudo deste alcance, cada dez anos, sobre o que deu de si a investigación educativa en Galicia semella un exercicio sinxelamente descritivo do que temos artellado, na teoría e na práctica, ou cunha mestura de ambas as dúas, quen dedicamos tempo, dun xeito máis ou menos agrupado, ao coñecemento de tan importante dimensión para unha comunidade. Pero, alén diso, tamén representa a oportunidade de atrevernos a saber un pouco máis sobre a situación dun eido do pensamento e da acción social, onde as ideas e os proxectos poden marcar diferenzas na formación de profesionais da educación e, por extensión, da cidadanía do futuro.
Tense dito que sen avaliación non hai progreso no espazo público dunha democracia. O noso libro ofrece puntual testemuño desa lúcida sentenza.