0

Búsqueda de Editorial : EDITORIAL GALAXIA S.A. / Colección : Ensaio 37 resultados

  • BEN MANTIDOS
    BEN MANTIDOS
    CASTRO PÉREZ, XAVIER
    Xavier Castro Pérez, estudoso da historia cultural da alimentación e a culinaria galega, ofrécenos en Ben mantidos un percorrido polos maiores e máis ilustres protagonistas da nosa gastronomía: o cocido, o caldo, as empanadas, o polbo, as vieiras…Unha novidosa interpretación da nosa historia, unha “nova crónica de nós”, fornecida de alento e optimismo e cunha ollada que permita...

    23,30 €

  • ARTE DEXENERADA GALEGA
    ARTE DEXENERADA GALEGA
    RODRÍGUEZ GARABATOS, BLANCA PAULA
    En Arte dexenerada galega. Catro exemplos fóra da España saudable abórdase o labor dos máis importantes artistas da vangarda galega: Seoane, Granell, Mallo e Colmeiro como piares do compromiso artístico, axentes do cambio social e pontes entre artes plásticas e literatura.A “arte dexenerada” dos vangardistas galegos non foi admitida na España franquista, mais o seu traballo flo...

    16,90 €

  • OS INMIGRANTES IMAXINDOS
    OS INMIGRANTES IMAXINDOS
    NÚÑEZ SEIXAS, XOSÉ M.
    Este libro aborda a historia sociocultural da colectividade galega na Arxentina, a máis importante de América, entre finais do século XVIII e mediados do XX, e analiza a conformación da súa identidade colectiva en relación coas imaxes que sobre os inmigrantes circulaban naquela sociedade, na esfera pública e literaria, entre os séculos XIX e XX, o peso dos estereotipos negativo...

    28,00 €

  • ECONOMÍA E POESÍA
    ECONOMÍA E POESÍA
    CASTAÑO, YOLANDA
    Os lastres que dende hai séculos teiman en mistificar o oficio poético afástano unha e outra vez da consideración de traballo. A mesma profesionalización que incrementa valor a un músico ou a unha artista plástica pode producir descrédito nunha poeta. E as mans que escriben versos chegan a ser glorificadas no mesmo movemento co que se lles nega unha xusta remuneración.O risco d...

    23,00 €

  • LIBRO DAS COLUNAS
    LIBRO DAS COLUNAS
    VILLALTA, LUÍSA
    Recóllese nesta compilación a obra xornalística publicada por Luísa Villalta nas súas columnas do semanario "A Nosa Terra" entre o 4 de xaneiro de 2002 e o 4 marzo de 2004, tan só dous días antes do seu falecemento. Son escritos de variada temática, mais en todos eles están presentes as liñas de forza que percorren a súa obra, dende o compromiso coa lingua e a cultura galegas, ...

    16,00 €

  • AS MÚSICAS INTERROMPIDAS
    AS MÚSICAS INTERROMPIDAS
    LORENZO VIZCAÍNO, MARÍA DEL CARMEN / MEDEL IGLESIAS, LUCINIO / ARES ESPIÑO, JAVIER
    Balboa, Macías e Viaño ocupan un lugar destacado na perspectiva da creación musical galega de finais do século XX. Con traxectorias diverxentes, abriron novos camiños e exerceron unha relevante influencia en toda unha xeración de músicos. Os tres comparten linguaxes musicais diversas que abranguen desde propostas abertamente rupturistas ata liñas continuístas, pero que coincide...

    19,30 €

  • GALIZA MATER, RAÍZ ANTERGA
    GALIZA MATER, RAÍZ ANTERGA
    MONTEAGUDO, HENRIQUE
    "Á Galiza de sempre, raíz anterga da nosa cultura, adico afervoadamente iste libro". Velaí a dedicatoria que Manuel Rodrigues Lapa antepuxo á súa monumental edición das 'Cantigas d'escarnho e maldizer dos cancioneiros trovadorescos galego-portugueses' (1965), un fito sobranceiro tanto da filoloxía galego-portuguesa canto da traxectoria de Editorial Galaxia.Henrique Monteagudo a...

    17,20 €

  • GALAICOFOBIA
    GALAICOFOBIA
    PERES VIGO, ALEXANDRE
    Desde unha profunda vocación didáctica, en Galaicofobia afóndase no coñecemento dun fenómeno tan experimentado pola sociedade galega como poucas veces nomeado: o desprezo polo pobo galego. A través das súas páxinas, o autor deita a súa ollada nos numerosos testemuños literarios que ao longo da historia mostraron as súas filias e, sobre todo, as súas fobias contra Galicia, a súa...

    22,95 €

  • INIMIGOS ÁS PORTAS
    INIMIGOS ÁS PORTAS
    ALONSO, BIEITO
    A historia de Frank López -Francisco López García (1885-1967), natural de Bemantes, Miño- non é unha historia común, nin sequera dende os parámetros lexibles en que se moveron os anarquistas de orixe galega nos Estados Unidos. Mais, como escribir sobre alguén que apenas axiste? Aínda así, pode resultar de interese a historia dun simple individuo para explicar a traxectoria tran...

    23,50 €

  • O PENSAMENTO POLÍTICO DE RAMÓN PIÑEIRO
    O PENSAMENTO POLÍTICO DE RAMÓN PIÑEIRO
    RODRÍGUEZ ÁLVAREZ, SERXIO MARÍA
    Ramón Piñeiro, protagonista indiscutible da nosa “batalla cultural” pola definición do paradigma nacional, transcende os lindeiros de ser unha personalidade histórica para facer, a partir do seu apelido, a catalogación dunha cultura política: “piñeirismo”.O pensamento político de Ramón Piñeiro vén ser unha contribución á agra do pensamento político en Galicia, que non pretende ...

    16,40 €

  • GALICIA, DISTRITO INDUSTRIAL
    GALICIA, DISTRITO INDUSTRIAL
    BAAMONDE, ANTÓN
    En Europa estamos asistindo ao retorno da política industrial. É unha ventá de oportunidades e cabe tomar decisións estratéxicas. Galicia posúe un sector industrial interesante. Hai un abano extenso de empresas cun alto valor tecnolóxico e internacionalizadas.Nestas conversas, Daniel Hermosilla, director executivo de Rodiñas, insiste, contra a imaxe estereotipada, en que “aquí ...

    22,00 €

  • GALICIA, 1981-2021. AUTONOMÍA, SOCIEDADE E CULTURA
    GALICIA, 1981-2021. AUTONOMÍA, SOCIEDADE E CULTURA
    PÉREZ RÚA, MANUEL
    Entre 1981-2021 prodúcense en Galicia, e no resto do mundo, transformacións estruturais como o remate da Transición política, a chegada da Autonomía a Galicia, a consolidación do transvase rural-urbano, o acceso ao poder da socialdemocracia en España, a entrada do neoliberalismo no mundo occidental, o pulo do feminismo, a decadencia da Igrexa católica e a caída demográfica.Nest...

    25,00 €

  • MELODÍAS E VOCES ESQUECIDAS
    MELODÍAS E VOCES ESQUECIDAS
    ENRIQUE PÉREZ, CARLOS
    Melodías e voces esquecidas é unha máquina do tempo, que nos traslada ao pasado dun Vigo en continua evolución, e móstranos como era a súa sociedade, os seus teatros, os seus gustos culturais, musicais e como todo isto se vai consolidando, e cambiando, ata un século despois.Carlos Enrique Pérez, plasma neste traballo o retrato dunha cidade e das súas xentes ao longo dun período...

    28,00 €

  • O CAMIÑO DE SANTIAGO. GUÍA DE GUÍAS
    O CAMIÑO DE SANTIAGO. GUÍA DE GUÍAS
    MÉNDEZ VERGEL, LAURA
    O Camiño de Santiago. Guía de guías analiza o itinerario xacobeo para un estudo sociohistórico a través das ideas que se reflicten nos tempos polos que transitou, e dar luz as mentalidades que foron aparecendo na transición do pleno medievo ao baixo medievo na sociedade occidental, centrándose en catro conceptos: actores, motivacións, camiño e creación, en cuxa revisión históri...

    17,00 €

  • A LITERATURA GALEGA CONTADA AOS ESCÉPTICOS
    A LITERATURA GALEGA CONTADA AOS ESCÉPTICOS
    VEIGA, MANUEL
    Algúns afeccionados á lectura nunca len libros en galego. E non só por falta de competencia lingüística suficiente. Hai outros motivos: a maior oferta en castelán ou a presenza en lugar subalterno dos libros na nosa lingua.Moitos lectores e lectoras son escépticos, ademais, porque ven o producido en Galicia como unha sorte de material de segunda clase. Confían máis na calidade...

    14,80 €

  • GALICIA E PORTUGAL. IRMANDADE E FRONTEIRA
    GALICIA E PORTUGAL. IRMANDADE E FRONTEIRA
    VILLARES, RAMÓN
    Este ensaio, nunha primeira versión en lingua portuguesa, tiña como horizonte establecer un diálogo coa historia e coa cultura portuguesas, feito en claves galegas, pero non desconectadas da cerna histórica de Portugal; pero tamén como unha mirada ao futuro que permita entender que Galicia e Portugal poderán alcanzar unha nova dimensión institucional e un importante peso rexion...

    16,60 €

  • A MÍSTICA DA FEMINIDADE EN MAD MEN
    A MÍSTICA DA FEMINIDADE EN MAD MEN
    CASCUDO, XOSÉ ANTÓN
    Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2022Este ensaio trata de desvelar as conexións entre a serie de TV Mad Men (AMC, 2007-2015) e o ensaio de Betty Friedan The Feminine Mystique (1963), texto clave da “segunda onda” do feminismo. Ambas as obras inciden no papel que desempeña a muller durante a década de 1960, no contexto da cultura de masas, coa sociedade de consumo, a publicidade e...

    19,20 €

  • A RETRANCA. UN INTENTO DE CLARIFICACIÓN
    A RETRANCA. UN INTENTO DE CLARIFICACIÓN
    CABALLERO, FELIX J.
    Retranca é hoxe sinónimo de “humor galego”, mais a retranca, ben mirada, non é humor nin ironía, nin moito menos burla. Quen a practica non tenta facer rir nin tampouco atacar a ninguén; só defenderse. Este ensaio tenta definir os límites dunha habelencia tan galega como cada vez máis rara, subliñando o seu carácter defensivo e a súa íntima relación coa cautela e a reserva, e d...

    16,90 €

  • MEMORIA DO VIGO PROLETARIO. 50 ANIVERSARIO DA FOLGA XERAL DE SETEMBRO DE 1972
    MEMORIA DO VIGO PROLETARIO. 50 ANIVERSARIO DA FOLGA XERAL DE SETEMBRO DE 1972
    AUTORES VARIOS
    Velaquí unha crónica rigorosa daquel setembro vermello vigués de 1972 do que se celebra o 50 aniversario.A maior mobilización obreira da historia de Galicia en que, do 9 ao 26 de setembro, máis de quince mil obreiros foron á folga e reivindicaron polas rúas da cidade os seus dereitos fronte ao réxime franquista. Aquelas multitudinarias xornadas de solidariedade e protesta deron...

    24,50 €

  • MATERNIDADES VIRTUOSAS
    MATERNIDADES VIRTUOSAS
    MARÍA DO CEBREIRO
    PREMIO RAMÓN PIÑEIRO DE ENSAIO 2021Na sociedade actual a maternidade concíbese como un extenso campo simbólico, a miúdo moi polarizado, que vén disparando un inxente corpus de produción verbal, que aquí denominamos “xiro discursivo da maternidade”. Esta mudanza non podería entenderse sen a perda da transmisión directa da experiencia de ser nai, acrecentada por dous feitos de al...

    16,90 €

  • OS LÍMITES DO CRECEMENTO. INFORME PARA O PROXECTO DO CLUB DE ROMA SOBRE OS RETOS
    OS LÍMITES DO CRECEMENTO. INFORME PARA O PROXECTO DO CLUB DE ROMA SOBRE OS RETOS
    AUTORES VARIOS
    En 1972 publicábase The limits to Growth, (Os límites do crecemento), unha obra que resume o informe (coñecido como informe Meadows) solicitado polo Club de Roma ao Massachusetts Institute of Technology. Preparado por un grupo de profesores e investigadores desta institución, trata de analizar os retos da Humanidade cara ao futuro, nun momento xeneralizado de desilusión e incer...

    22,20 €

  • CASTELAO. PLÁSTICA E PENSAMENTO 1913-1916
    CASTELAO. PLÁSTICA E PENSAMENTO 1913-1916
    LÓPEZ PIÑEIRO, XESÚS ANDRÉS
    Castelao é un dos referentes de Galicia, tanto no eido político como no literario, mais tamén na plástica, onde se converteu no elo necesario para conquistar o papel relevante que a xeración dos Novos tivo entre a arte europea, e foi dos poucos que soubo ver o papel do realismo na arte e que pelexou a contracorrente contra o costumismo.Mais isto é preciso explicalo entrelazando...

    22,95 €

  • A UNIDADE E A HARMONIA DA REALIDADE
    A UNIDADE E A HARMONIA DA REALIDADE
    PÉREZ PRIETO, VICTORINO
    A unidade e a harmonía da Realidade é un diálogo aberto co mundo da ciencia e do pensamento, que nos anuncia unha nova maneira de situarnos como persoas e comunidade crente-relixiosa dentro da Realidade. Un ensaio apaixonado que fala de ciencia, de física, de filosofía, de teoloxía, de mística, da natureza, da creación e do lugar que todo ser humano ocupa nese conxunto un e div...

    23,35 €

  • UNHA NOVA OLANDA
    UNHA NOVA OLANDA
    BAAMONDE, ANTÓN
    Galicia ten que pensarse como unha u´nica cidade con varios no´s. Un diamante con vértices nas súas sete grandes cidades. A trama urbana do pai´s, ese hepta´gono fenomenal, esta´ inmersa en procesos planetarios, onde as súas grandes empresas teñen a mirada posta en horizontes globais que son fiestras de oportunidade. Galicia tera´ un horizonte se sabe combinar co Norte de Portu...

    21,60 €

  • O OUTRO LADO DA MÚSICA, A POESÍA
    O OUTRO LADO DA MÚSICA, A POESÍA
    VILLALTA, LUÍSA
    O outro lado da música, a poesía publicouse nos solpores dos anos noventa abeirado polo contexto da escrita poética e ensaística declaradamente musicais da súa autora, e cualificado no seu día como un convite a nos abismar “polos camiños da metáfora e das semifusas”, conscientes de que “poucos ensaios hai tan acertados sobre a música e a poesía” (Lino Braxe).Neste douto e orixi...

    22,95 €

  • CULTURA E POLÍTICA NA GALICIA DO SÉCULO XX
    CULTURA E POLÍTICA NA GALICIA DO SÉCULO XX
    VILLARES, RAMÓN
    Este libro analiza as relacións entre cultura e política na construción de Galicia como nación cultural no século XX.A idea central é explicar a forte hexemonía da cultura e a súa acción política nos momentos máis decisivos da historia contemporánea galega, desde a aparición da xeración Nós ata a transición democrática e o nacente réxime autonómico.A partir de fontes ata agora ...

    27,50 €

  • O PAÍS DO PORVIR
    O PAÍS DO PORVIR
    FERNÁNDEZ LEICEAGA, XOAQUÍN
    Vivimos moitos anos encerrados no mito do "atraso" ...

    14,80 €

  • HABITANDO HISTORIAS. 10 EXPERIENCIAS ARREDOR DO LIBRO E DA LECTURA
    HABITANDO HISTORIAS. 10 EXPERIENCIAS ARREDOR DO LIBRO E DA LECTURA
    AUTORES VARIOS
    Nestas páxinas arredor do libro, a lectura, as bibliotecas, os booktubers, as novas formas de ler, as experiencias lector as, o canon literario… reflexiónase sobre o fe i to de ler e o seu fomento. Xuntáronse dez persoas, dez profesionales que dixeron si a este proyecto e cuxas experiencias arredor do libro e da lectura non van deixar indiferente a ninguna. As dez almas que hab...

    22,95 €

  • SERVIR ERA O PAN DO DEMO
    SERVIR ERA O PAN DO DEMO
    CASTRO, XAVIER
    Un traballo de investigación histórica escrito nunha linguaxe achegada ao gran público e afastada dos enfoques académicos.O autor manexa fontes de todo tipo (literarias, etnográficas…) para construír un ameno relato que recrea a vida cotiá na Galicia dos séculos XIX e XX. Este volume vén encher un baleiro existente na historiografía contemporánea ao se achegar ás galegas e gale...

    29,90 €

  • BREVEDUME
    BREVEDUME
    BORRAZÁS, XURXO
    (A vida feita anacos)A Borrazás gústalle pensar que o autor deste libro é el, cando menos unha sorte de primus inter pares nunha táboa redonda na que sentan desde Epicuro a Andy Warhol pasando por Oscar Wilde, Pasolini e Josep Pla, entre moitos outros. Se na cuberta o único nome é o seu, débese a custións de espazo. Pola súa banda, é a economía do tempo a que artella e determin...

    21,90 €


01 02