
- Editorial:
- OUVIRMOS S.L.
- Ano de edición:
- 2018
- ISBN:
- 978-84-947893-2-8
- Páxinas:
- 188
- Encadernación:
- Rústica
- Colección:
- < Xenérica >
A MULLER SINFONIA.CANCIONEIRO VITAL
RODRÍGUEZ FER, CLAUDIO
A muller sinfonía é un cancioneiro vital cheo de amores, clamores e viaxes nos que o erotismo, a memoria civil e a diversidade se presentan sempre con música de fondo.
Dende a tradición galega aos máis variados cantos do mundo, os poemas deste libro conectan coas cancións que puxeron son á vida e á obra do autor e en xeral a toda a contemporaneidade.
Ensaísta sobre Brassens e aquí tradutor de Vysotski, Ferré e Cohen, o poeta escribe tamén en sintonía con cantautores como Theodorakis, Yupanqui, Vinícius, Stivell ou Dylan, así como coas voces femia de Makeba, Mercouri, Parra, Kalsoum, Simone, Baez, Joplin, Smith, Hagen
Trátase de poesía experimental e experimentada en vivo e marcada con paixón interartística pola música celta, polo blues e polo jazz, máis sen esquecer a internacional sensibilidade sentimental e sensorial propiciada polo folk, polo rock ou polas músicas latinas.