
- Editorial:
- ALVARELLOS EDITORA, S.L.
- Ano de edición:
- 2023
- ISBN:
- 978-84-18567-54-4
- Páxinas:
- 86
- Encadernación:
- Rústica
- Colección:
- Libros do Sarela [creación]
LUGO BLUES
RODRÍGUEZ FER, CLAUDIO
Cando en 1987 apareceu a primeira edición de Lugo Blues axiña se converteu nun libro de culto, e os seus versos que percorren a memoria persoal do autor mais tamén interpelan a nosa memoria colectiva ían pasando de man en man descifrando o espírito desta cidade amurallada. Agora, tantos anos despois, era tempo de regresar a esta gran creación de Claudio Rodríguez Fer, que aquí revisa e amplía con numerosos poemas, e que incorpora o suxestivo traballo artístico de Sara Lamas.
É un Lugo fondamente emocional e vital, un Lugo sentido como refuxio, mais tamén un Lugo dende o que trazar a medida do mundo. E, por riba de todo, achéganos a memoria histórica dunha cidade onde comparecen Pimentel, Lorca, Fole, Ángel Johán, Juana Capdevielle, Urania Mella, o doutor Vega Barrera ou Díaz Baliño, entre moitos outros daquela tribo dos vencidos, mais nunca derrotados.