- Editorial:
- DR. ALVEIROS - FUNDACIÓN VICENTE RISCO
- Ano de edición:
- 2020
- ISBN:
- 978-84-121039-4-6
- Encadernación:
- Rústica
- Colección:
- < Xenérica >
A ORIXINALIDADE RADICA NA ORIXE
O CONCEPTO DE IMAXE GALEGA NA ESTÉTICA DE VICENTE RISCO
RIVERA VÁZQUEZ, IRIA-FRINÉ
Como teórico da Arte, Vicente Risco recolleu as maiores influencias artísticas da nacente modernidade. A súa figura funcionou como un catalizador dentro da cultura galega, impulsando diferentes ámbitos dende a Arte até a Literatura na cal se forxou un imaxinario atemporal galego entre el, Camilo Díaz Baliño e Ramón Cabanillas. Cuestións como o simbolismo, o concepto de vangarda, a sinerxia entre a linguaxe visual e a literaria ou o poder da imaxe aparecen nas súas conferencias, artigos, libros ou cartas. Pero igualmente estilos artísticos tanto históricos como contemporáneos, referencias científicas, as viaxes ou a amizade exerceron unha rede que constituíu un Renacemento Galego que hoxe continúa emitindo unha vitalidade construtiva dende o humanismo galego para a cultura universal.