
- Editorial:
- EDITORIAL HUGIN E MUNIN
- Ano de edición:
- 2015
- ISBN:
- 978-84-944422-0-9
- Páxinas:
- 68
- Encadernación:
- Rústica
- Colección:
- Vólvense os paxaros contra as escopetas
A TERRA PATERNA
LACOMBE, PATRICE
A primeira edición de A terra paterna apareceu no Album littéraire et musical de la Revue canadienne en febreiro de 1846, e en 1848 no Répertoire national de James Huston, unha antoloxía da literatura canadense da época. Posteriormente coñeceu máis de once edicións. Con este relato Lacombe funda o xénero literario da novela rexionalista, centrada na vida do rural canadense, que dominou a literatura en lingua francesa no Bas-Canada (o Quebec anterior á confederación de 1867) de 1846 a 1945, cando foi substituído polas novelas urbanas.
A finalidade destes textos era promover a vida campesiña e a agricultura no medio da crecente industrialización. Tanto o estamento clerical coma o Estado alentaban este tipo de literatura coa esperanza de frear o éxodo rural dos canadenses franceses a Montreal para traballar nas fábricas téxtiles da Nouvelle-Angleterre. As novelas rexionais adoitan propor catro grandes valores: a terra (agricultura), a familia, a lingua e a relixión; e caracterízanse pola idealización. Este tipo de narración céntrase na continuidade, as tradicións e a transmisión de valores.
Additional Details