0

Búsqueda de Editorial : EDITORIAL HUGIN E MUNIN / Colección : Vólvense os paxaros contra as escopetas 23 resultados

  • UNHA VOLTA POLO INFERNO
    UNHA VOLTA POLO INFERNO
    Unha volta polo inferno, novela distinguida en 2017 co Premio Sten Kidna, un galardón que dende 2009 recoñece cada ano unha obra narrativa de publicación recente en lingua bretoa, presenta unha serie de elementos habituais nas obras da prolífica Mich Beyer: a inserción de misivas e entradas de diario, o papel protagonista de mulleres lesbianas na mediana idade, unha linguaxe tr...

    12,00 €

  • O DERRADEIRO AMERICANO
    O DERRADEIRO AMERICANO
    A novela curta O derradeiro americano, de corte satírico e ambientada nun futuro afastado, decadente e, até certo punto, postapocalíptico, foi escrita polo polifacético John Ames Mitchell. Publicouse orixinalmente en 1889 na revista Scribner’s; máis tarde, en 1893, o autor quixo reeditala en volume exento e con algúns cambios. Nos anos posteriores tivo unhas vendas notables, se...

    9,00 €

  • O REGRESO DO MEU POBRE TÍO
    O REGRESO DO MEU POBRE TÍO
    O regreso do meu pobre tío ou Relato da súa viaxe á Lúa escrito por el mesmo e sacado á luz polo seu querido sobriño foi publicado en 1784 e está inspirado nas primeiras experiencias de voo aerostático.Trátase dunha humorística recreación na que non custa recoñecer a sempre actual reflexión sobre as relacións humanas nas institucións, os costumes mundanos e o seu absurdo.Este d...

    8,00 €

  • NOVENTA ANOS DESPOIS
    NOVENTA ANOS DESPOIS
    Nunha pequena aldea serbia, Radojka, a filla do kmet Živan Dušman, está en tratos cun mozo, Strahinja. Porén, o amor que xorde entre ambos non abonda para que o pai dela acepte dala en matrimonio. A raíz desa negativa, o home novo marcha ver mundo e axiña sabe que na aldea veciña teñen un serio problema coa xestión do muíño, pois, un tras outro, aqueles que ocupan o posto de mu...

    7,00 €

  • O HOME DAS BONECAS
    O HOME DAS BONECAS
    O home das bonecas responde ás características da literatura da fin do século en canto ao estilo requintado, a atmosfera lúgubre, o erotismo mórbido ou as paixóns violentas. A loucura exemplifícase na atención exclusiva que lle dedica o protagonista, Menzel, á súa variada colección de bonecas en detrimento da muller real, Yane, unha fermosa actriz á que coñeceu un serán na óper...

    6,00 €

  • A DAMA DE GLENWITH GRANGE
    A DAMA DE GLENWITH GRANGE
    COLLINS, WILKIE
    A novela curta A dama de Glenwith Grange publicouse por vez primeira en 1856, como parte da colección de relatos intitulada After Dark (onde só esta peza era inédita, pois as demais historias xa apareceran na revista inglesa de periodicidade semanal Household Words, editada por Charles Dickens), compilación para a cal o autor artellou un marco narrativo común, como el mesmo exp...

    7,00 €

  • A MORTE DA TERRA
    A MORTE DA TERRA
    J.-H. ROSNY O MAIOR
    A morte da Terra publicouse orixinalmente na revista Les Annales politiques et littéraires, e en 1912 nun volume realizado pola Librairie Plon, que foi a primeira das moitas reedicións que coñecería o relato. Trátase dunha visionaria obra de anticipación que describe un posible final para a Terra e, chegado o momento no que a auga se converte no ben máis prezado, a desaparición...

    9,00 €

  • OURIKA
    OURIKA
    DE DURAS, CLAIRE
    Madame Duras sentiu unha gran fascinación pola historia de Ourika –unha moza senegalesa educada pola familia Beauvau, á que a autora frecuentaba–, e adoitaba relatala no seu afamado salón literario. Foron os seus amigos os que lle aconse-llaron que a escribise, de maneira que en 1823 apareceu unha edición privada que un ano despois xa foi pública. A anécdota real, metamorfosead...

    7,00 €

  • A TRABA
    A TRABA
    A traba publicouse orixinalmente en lingua inglesa en 1901, nas páxinas do londiniense The Monthly Review, e un ano máis tarde como parte da compilación Moth and Rust. Trátase dunha peza plenamente vitoriana na que resulta de especial interese a relación entre as mulleres protagonistas, cun amplo abano de sentimentos encontrados que van dende a rivalidade atávica até a amizade ...

    7,00 €

  • O DOUTOR HÉRACLIUS GLOSS
    O DOUTOR HÉRACLIUS GLOSS
    GUY DE MAUPASSANT
    O doutor Héraclius Gloss é unha novela curta que se publicou por entregas en La Revue de Paris entre novembro e decembro de 1921, é dicir, case trinta anos despois do pasamento do seu autor, Guy de Maupassant, quen a escribira con toda seguridade na súa primeira etapa, moi probablemente nos derradeiros meses de 1875. Trátase dun texto intelixente e burleiro cun fondo satírico t...

    9,00 €

  • A NOVELA DE VIOLETTE
    A NOVELA DE VIOLETTE
    MARQUESA DE MANNOURY
    Esta historia de sorprendente modernidade, A novela de Violette, combina o relato da iniciación sexual da protagonista cun home cos amores lesbios que descobre coa perversa condesa de Mainfroy, e a posterior relación desta con Florence, unha famosa artista lesbiana, un «sacrificio» que a condesa asume co fin de que Violette poida ter unha carreira teatral. Malia algún que outro...

    8,00 €

  • A CONFESIÓN DE LÚCIO
    A CONFESIÓN DE LÚCIO
    SÁ-CARNEIRO, MÁRIO
    A confesión de Lúcio (1914) ocupa un lugar de honra na moderna literatura portuguesa. Profundamente subxectiva e lírica, afástase dos modelos realistas e románticos de comezos do século XX, achegándose ás experiencias simbolistas que diluirían as fronteiras entre a prosa e a poesía e a trazos como o sentido estético da vida, o gozo desenfreado dos apetitos sensuais e o tedio ex...

    9,00 €

  • A INDUSTRIA DO SEXO E DO PEIXE EMPANADO
    A INDUSTRIA DO SEXO E DO PEIXE EMPANADO
    PIERRAT, EMMANUEL
    Cansas da precariedade do seu oficio de pescadoras e limita-das por unha sexualidade vilega con escasas alternativas, as xemelgas bretoas Gaëlle e Gwenaëlle, con dezaoito anos acabados de facer, acordan viaxar a París co obxectivo de se internaren nas prácticas sexuais da modernidade. Será Yann, un seu curmán afastado, o que se encargue de lles facer de cicerone polos máis senl...

    10,00 €

  • A LENTE DE DIAMANTE
    A LENTE DE DIAMANTE
    O'BRIEN, FITZ-JAMES
    A lente de diamante é unha obra de fantasía cargada de amor pola ciencia; así se explica que, para a súa elaboración, o escritor Fitz-James O'Brien tivese que se documentar a eito, un feito que é posible constatar nas diversas alusións a múltiples personaxes e invencións da época. Para esta historia, o autor atreveuse a especular, dun xeito tan atractivo coma delirante, sobre o...

    6,00 €

  • FOSCA
    FOSCA
    TARCHETTI, IGINO UGO
    Fosca, asinada por Igino Ugo Tarchetti aínda que concluída por Salvatore Farina, editouse por entregas en Il Pungolo en 1869, ano no que tamén foi recollida en volume exento.Tarchetti foi o primeiro escritor italiano en utilizar un caso de histeria como centro para unha novela; Fosca naceu tras a experiencia dun dobre amor que el mesmo vivira. En 1863, en Varese, mantivo unha r...

    12,00 €

  • O CADERNO VERMELLO
    O CADERNO VERMELLO
    CONSTANT, BENJAMIN
    O caderno vermello tomou o seu título, por decisión da súa parente, a baronesa Charlotte de Constant, da cor das tapas do caderno no que Benjamin Constant escribiu este relato, malia que el escollera o máis clásico Ma vie. Foi ela así mesmo quen o editou por vez primeira en 1907, ano no que apareceu tamén na Revue des Deux Mondes. Como se precisa nunha das pasaxes do texto, Con...

    8,00 €

  • NOVA ATLÁNTIDA
    NOVA ATLÁNTIDA
    BACON, FRANCIS
    Nova Atlántida é un opúsculo escrito por Francis Bacon e publicado en 1627 na versión inglesa e en 1638 na versión latina (lingua de partida para a presente tradución), a definitiva en tanto que reelaborada polo propio Bacon coa axuda do seu capelán e editor, William Rawley. Trátase dun relato de corte utópico e filosófico que, con recoñecida fluidez e destreza narrativa, descr...

    8,00 €

  • O ASASINATO DA PONT-ROUGE
    O ASASINATO DA PONT-ROUGE
    BARBARA, CHARLES
    O asasinato da Pont-Rouge publicouse en francés en 1855, primeiro como folletín na Revue de Paris e posteriormente en libro. O texto sitúase nas orixes dun xénero aínda por definir: a novela policial. Barbara, admirador de Edgar Allan Poe e moi amigo de Charles Baudelaire, pode ser considerado como un verdadeiro precursor do xénero: pon en escena un misterioso homicidio e acheg...

    10,00 €

  • A ESCRITORA
    A ESCRITORA
    A escritora, relato recollido en 1802 na recompilación Nouveaux contes moraux et nouvelles historiques, disfraza a experiencia persoal de Madame de Genlis no mundo das letras mediante unha intriga amorosa.A protagonista é Natalie, unha moza viúva e cultivada que dá renda solta ao seu gusto por escribir, froito do seu espírito curioso e a súa grande imaxinación. Malia as adverte...

    8,00 €

  • A TERRA PATERNA
    A TERRA PATERNA
    LACOMBE, PATRICE
    A primeira edición de A terra paterna apareceu no Album littéraire et musical de la Revue canadienne en febreiro de 1846, e en 1848 no Répertoire national de James Huston, unha antoloxía da literatura canadense da época. Posteriormente coñeceu máis de once edicións. Con este relato Lacombe funda o xénero literario da novela rexionalista, centrada na vida do rural canadense, que...

    6,00 €

  • MICROMEGAS
    MICROMEGAS
    VOLTAIRE
    Micromegas, publicado en 1752 e escrito durante a estadía de Voltaire en Prusia, ademais dun conto filosófico, supón un dos primeiros achegamentos á ciencia ficción dentro da temática das viaxes extraordinarias. Narra a visita á Terra dun ser procedente dun planeta da estrela Sirius, e dun seu compañeiro de Saturno. Comezando polo título, o autor analiza o relativismo das propo...

    6,00 €

  • A CASA E O CEREBRO
    A CASA E O CEREBRO
    BULWER-LYTTON, EDWARD
    Esta curiosa peza da literatura inglesa consta de dúas partes claramente diferenciadas: a primeira e maior adopta o formato clásico das historias de casas encantadas, é dicir, por circunstancias azarosas chega a oídos do protagonista que existe unha casa en Londres na que ninguén logrou pasar máis de tres noites. Entón, movido pola curiosidade, postúlase como inquilino, coa úni...

    8,00 €

  • O SOÑO
    O SOÑO
    KEPLER, JOHANNES
    O soño é unha obra de ficción escrita en latín en 1608 por Johannes Kepler, malia que só sería publicada de maneira póstuma, en 1634, grazas ao atrevemento de Ludwig Kepler, fillo do autor. O texto, que dá conta detallada tanto dunha fantasiosa xeografía lunar coma da visión que dende alí se ten da Terra, parte dun soño do escritor, no que aparecen unha nai e mais o seu fillo, ...

    9,00 €