- Editorial:
- EDITORIAL LAIOVENTO, S.L.
- Ano de edición:
- 2017
- Materia
- Álbums ilustrados
- ISBN:
- 978-84-8487-368-6
- Páxinas:
- 236
- Encadernación:
- Rústica
- Colección:
- Laiovento
ARELAS DE LIBERDADE NA GALIZA
GALEGOS PERANTE O TRIBUNAL DE ORDE PÚBLICA (TOPGAL, 1964-1976)
REDONDO ABAL, FRANCISCO XAVIER
Nese longo período ditatorial (1936-1976, corenta anos) o franquismo variou as formas de exercer o control xurídico-penal sobre a poboación e na represión do antifranquismo activo. Entre outros cambios de aparencia era imprescindible modificar/adaptar o aparato lexislativo, nomeadamente o aplicado por tribunais militares con leis militares a persoas civís, xulgadas por actividades que nos países democráticos eran a base do exercicio dos dereitos cívicos: liberdades de reunión, asociación, expresión, de loita contra a opresión.
Neste ensaio, despois dunhas moi apreciables reflexións historiográficas e dunha obxectiva análise das forzas antifranquistas actuantes en Galiza, o autor, nunha intelixente secuencia, vai dando conta da xénese, evolución, os porqué e quen foron xulgadas/os, polo TOP. Con técnicas cuantitativas relaciona e compara lugares, xénero, profesións, idades, afiliación, sentenzas, penas, absolucións..., extraendo minuciosamente dados de 484 procedementos xudiciais, dos que no capitulo 4º analiza sete casos representativos. O seu coñecemento dos sistemas arquivísticos permítelle presentar e esmigallar con pericia na base de dados TOPDAT a nómina de galeg@s que ese tribunal xulgou, completando o estudo cos nomes e posteriores cargos públicos nos máis altos niveis xudiciais democráticos dos maxistrados que exerceran con total aplicación no terrible TOP franquista, rematando cunha moi coidada (e verdadeiramente consultada) relación bibliográfica, hemerográfica e doutras fontes.
Bernardo Máiz Vázquez