0
BIBLIOTECARIAS E BIBLIOTECARIOS

BIBLIOTECARIAS E BIBLIOTECARIOS "INFAMES"

REDONDO ABAL, FRANCISCO XAVIER

16,00 €
IVE incluído
Editorial:
EDITORIAL LAIOVENTO, S.L.
Ano de edición:
2013
ISBN:
978-84-8487-239-9
Colección:
Laiovento
16,00 €
IVE incluído
Engadir a favoritos

Vas ler algo que fai abanear o mobiliario histórico. Vas recibir unha información perturbadora, un deses estrelampos que se abre paso entre as lamias da persiana da ocultación, perpetrada ás veces coa hipócrita desculpa da "operación Olvido". Vas entrar en Bibliotecarias e bibliotecarios "infames", vas saír da autoestrada do relato histórico convencional, vas ir a pé, a valmontes, pola banda inhóspita da historia, e vas sentir que a intrahistoria, como o rumor dun bater de alas nun bosque queimado, vén por ti. Cada vez que entres nunha biblioteca ou nun arquivo, ou cada vez que escoites "depuración" ou "extirpación", vaste lembrar de Bibliotecarias e bibliotecarios "infames", de como o compromiso polo espallamento do saber se converteu nunha proba de cargo e nunha mancha ominosa, de como palabras de uso hixiénico ou sanitario poden ser envelenadas polo arsénico do odio e metamorfosearse en sinistros eufemismos.
Este é un libro de historia, si. Ben feito. Impecábel. Mais tamén un libro que fai historia: un acto de verdade, xustiza e reparación. Bibliotecarias e bibliotecarios "infames" semella escrito coa perseveranza luminosa do guizo, ese pau resistente onde a lingua de lume faise lapis, nun movemento ben sutil.

Manuel Rivas

Artículos relacionados

  • JOSÉ RAMÓN GONZÁLEZ PÉREZ
    JOSÉ RAMÓN GONZÁLEZ PÉREZ
    NORBERTO PABLO CIRIO
    ¿Pode un home transformarse en música? Este libro narra a novelesca vida de José Ramón González Pérez (1913-2007).Nacido en Cuba, pastor nos Ancares galegos e un destacado membro dunha estirpe de músicos documentada desde comezos do s. XIX, a dos Gaiteiros do Bodego . “Fuxido” pola súa lealdade á República durante a Guerra Civil, “recrutado forzoso” ás ordes de fascistas e nazi...

    20,00 €

  • O SENTIDO DO ABRAIO
    O SENTIDO DO ABRAIO
    CARSON, RACHEL
    A celebración da natureza para persoas de todas as idades.Xuntando dúas das cinco liñas editoriais de Catro Ventos, ecoloxía e educación alternativa, publicamos en galego este ensaio da escritora e bióloga mariña Rachel Carson (1907-1964), autora de obras fundamentais para o ecoloxismo moderno como Primavera silenciosa (1962).Na publicación orixinal na revista Women’s Home Comp...

    17,00 €

  • ACTOS HUMANOS
    ACTOS HUMANOS
    HAN KANG
    PREMIO NOBEL DE LITERATURA 2024 «Hay que leer la tremenda Actos humanos [...] Una mirada casi imperturbable hacia el horror, la sangre y la crueldad desplegada institucionalmente».Elena Hevia, El Periódico Mayo de 1980. La ciudad de Gwangju se moviliza contra la dictadura militar de Chun Doo-hwan, que hace unos meses tomó el poder en Corea del Sur. La oposición civil, liderada ...

    21,90 €

  • A TOPONIMIA DOS CELTAS BRIGANTINOS E DOUTROS POBOS
    A TOPONIMIA DOS CELTAS BRIGANTINOS E DOUTROS POBOS
    CABEZA QUILES, FERNANDO
    Obra de investigación predominantemente filolóxica, desentraña os arcanos da toponimia máis antiga e escura dos "brigantinos", sen esquecer as pegadas toponímicas deixadas por outros pobos celtas que viviron e laboraron na antiga Gallaecia. O presente volume ofrece porpostas toponímicas novidosas, ata o de agora inéditas, e porfía en exhumar un período da historia de Galicia po...

    20,00 €

  • IMPOSIBLE DECIR ADIÓS
    IMPOSIBLE DECIR ADIÓS
    HAN KANG
    LA NUEVA NOVELA DE HAN KANGPREMIO NOBEL DE LITERATURA 2024PREMIO MÉDICIS ÉTRANGER 2023 «Una novela inquietantemente bella sobre la imposibilidad de despertar de la pesadilla histórica. Inolvidable».Hernán Díaz Una gélida mañana de finales de diciembre, Gyeongha recibe un inesperado mensaje de su amiga Inseon: después de sufrir un accidente en su taller de carpintería en la isla...

    21,90 €

  • ALFONSO ZULUETA. UNHA HUMANIDADE VIVIDA
    ALFONSO ZULUETA. UNHA HUMANIDADE VIVIDA
    AUTORES VARIOS
    Alfonso Zulueta de Haz (1924-2017) foi home de fondas conviccións e compromisos. Neste libro recóllense testemuños de persoas que o acompañaron por distintas etapas dunha vida marcada polas preocupacións políticas, sociais e culturais, eidos en que desenvolveu unha intensa actividade. Desde o Cineclub e o Ateneo de Pontevedra ata a creación, xunto coa súa dona, María Teresa Fer...

    22,00 €

Outros libros do autor

  • EZKABA.GALEGOS NA GRANDE EVASIÓN
    EZKABA.GALEGOS NA GRANDE EVASIÓN
    REDONDO ABAL, FRANCISCO XAVIER

    16,00 €

  • ARELAS DE LIBERDADE NA GALIZA
    ARELAS DE LIBERDADE NA GALIZA
    REDONDO ABAL, FRANCISCO XAVIER
    Nese longo período ditatorial (1936-1976, corenta anos) o franquismo variou as formas de exercer o control xurídico-penal sobre a poboación e na represión do antifranquismo activo. Entre outros cambios de aparencia era imprescindible modificar/adaptar o aparato lexislativo, nomeadamente o aplicado por tribunais militares con leis militares a persoas civís, xulgadas por activida...

    16,90 €

  • O FULGOR E AS TEBRAS
    O FULGOR E AS TEBRAS
    REDONDO ABAL, FRANCISCO XAVIER
    As autoridades republicanas do Ministerio de Instrución Pública e Belas Artes entenderon ben cedo que só a socialización da lectura –até entón inexistente– permitiría asentar no Estado español un réxime democrático e de liberdades. E, en consecuencia, dedicaron inxentes esforzos á creación de bibliotecas que, por un lado, acabasen co secular desequilibrio entre campo e cidade, ...

    14,00 €

  • PROCESO A UNHA BIBLIOTECA
    PROCESO A UNHA BIBLIOTECA
    REDONDO ABAL, FRANCISCO XAVIER

    12,00 €