
- Editorial:
- KALANDRAKA EDITORA
- Ano de edición:
- 2022
- Materia
- Manualidades para os pequenos
- ISBN:
- 978-84-1343-132-1
- Páxinas:
- 36
- Encadernación:
- Cartoné
- Colección:
- Demademora
CHUVISCA
PÉREZ HERNANDO, FERNANDO
Dunha adversidade, como a chuvia que enchoupa o fogar dunha familia de aves, xorde a oportunidade para que os seus habitantes aprendan os uns dos outros e enriquezan mutuamente os seus coñecementos, coa axuda dunha sabia mamá paxaro.
«Chuvisca» é un álbum ilustrado que, dende a sinxeleza, presenta unha historia circular; unha certa metáfora desta sociedade individualista que, dende a solidariedade, a convivencia, a colectividade e a comunicación, pode mellorar.