- Editorial:
- EDITORIAL GALAXIA S.A.
- Ano de edición:
- 2020
- ISBN:
- 978-84-9151-579-1
- Páxinas:
- 440
- Encadernación:
- Rústica
- Colección:
- Biblioteca Nós
DIARIO, 1921
CASTELAO
Na viaxe a Francia, Países Baixos e Alemaña, como pensionado da Junta para Ampliación de Estudios, Castelao descobre Europa, a súa xente, a súa sociedade, a súa arte, e déixao por escrito nun diario que non ten par nas nosas letras daquel tempo. Obra que é toda unha visión persoal do mundo das creacións estéticas, con ollos galegos, e que amosa un Castelao dono de todos os xogos do humor, onde importa moito canto di, pero é tamén digno de ser ponderado o xeito de dicilo.
Nesta persoal obra, apreixa tanto a idea, que, ás veces, abóndalle unha soa verba para fixar, dun trazo, toda a situación dun artista, que acompaña de cento doce debuxos que son un exercicio de síntese, no achado dos rasgos esenciais, a carón das acotacións literarias.