0

Búsqueda de Editorial : EDITORIAL GALAXIA S.A. / Colección : Biblioteca Nós 19 resultados

  • RAMÓN OTERO PEDRAYO. VIDA, OBRA E PENSAMENTO
    RAMÓN OTERO PEDRAYO. VIDA, OBRA E PENSAMENTO
    QUINTANA, XOSÉ RAMÓN / VALCÁRCEL, MARCOS
    Esta biografía pretende ofrecer unha visión global da súa figura na procura dunha perspectiva integradora dos aspectos literarios, ideolóxicos e políticos que envolven o patriarca das letras galegas, todos eles entrelazados, e que non se poden entender uns sen os outros.Ramón Otero Pedrayo (Ourense, 1888-1976), novelista, ensaísta, xeógrafo, dramaturgo, historiador e poeta, foi...

    24,00 €

  • OS CAMIÑOS DA VIDA
    OS CAMIÑOS DA VIDA
    OTERO PEDRAYO, RAMÓN
    A historia dun século e a nostalxia dunha Galicia desaparecida; o pasado e o presente do país.Unha das obras máis representativas da narrativa de Otero Pedrayo é Os camiños da vida, onde, de par da historia de dúas familias fidalgas do século XIX, os Doncos e os Puga, retrátasenos de forma nostálxica a fin dun tempo e dunha sociedade co desartellamento da fidalguía rural como g...

    24,00 €

  • ENSAIOS SOBRE GALICIA
    ENSAIOS SOBRE GALICIA
    VICENTE VIQUEIRA, XOHÁN
    Os textos que aquí se recollen foron escritos por Xohán Vicente Viqueira nos anos de docencia no instituto da Coruña, onde nos presenta as súas reflexións sobre Galicia como nación, cunha “alma” de seu, expresión que utiliza para facer referencia ao “espírito do pobo”, resultado da encarnación dunha raza nunha terra, e que se concreta, en termos políticos, na meta de acadar un ...

    17,50 €

  • OBRA DRAMÁTICA
    OBRA DRAMÁTICA
    DE LAS CASAS, ÁLVARO
    Escritor en xéneros diversos, editor, mantedor e divulgador da cultura popular, orador e colaborador asiduo en xornais e revistas, Álvaro de las Casas pertence á xeración que uns denominan dos novecentistas. Recóllense neste volume dezaseis pezas, en principio a súa obra dramática completa, ata onde se ten coñecemento, de variada feitura e temática, aínda que con dous motivos r...

    24,00 €

  • ALÉN. SERVIDUME DA TREVA
    ALÉN. SERVIDUME DA TREVA
    CASAS, AUGUSTO
    Augusto Casas foi un dos autores máis prolíficos da chamada xeración do 22, do 25 ou das Vangardas. Recóllense neste volume dous dos seus poemarios máis significativos, onde presenta unha poesía debedora da escola imaxinista de Amado Carballo, que derivou cara a unha dirección sentimental e saudosista que empapa o conxunto da súa obra, do que é claro exemplo Alén (1962).Servidu...

    17,50 €

  • ESCRITOS POLÍTICOS DA ÉPOCA REPUBLICANA
    ESCRITOS POLÍTICOS DA ÉPOCA REPUBLICANA
    CASTELAO
    Alfonso Daniel Rodríguez Castelao foi un mito e símbolo non só do movemento galeguista e da memoria da Galicia republicana, senón tamén da diáspora galega e da denuncia dos andazos que aflixían o país. Tamén foi un activo militante do nacionalismo galego desde as Irmandades da Fala, parlamentario nas Cortes Constituíntes da II República, líder do Partido Galeguista, deputado po...

    17,50 €

  • PROSAS GALEGAS
    PROSAS GALEGAS
    L. CUEVILLAS, FLORENTINO
    Segundo Ricardo Carballo Calero, as Prosas galegas de López Cuevillas caracterízanse pola súa seguridade, o equilibrio retórico e a súa trasparente sinceridade e claridade.. Nelas compílanse os textos máis exaltadores da realidade e dos valores galegos, introducíndose na paisaxe, nas aldeas e na tradición, ademais doutros dedicados á reflexión crítica sobre a sociedade do seu t...

    17,50 €

  • DO ERMO
    DO ERMO
    NORIEGA VARELA, ANTONIO
    Antonio Noriega Varela achéganos en Do ermo á vida dos labregos en diálogo coa natureza coa intención de rescatar a esencia máis pura e sinxela desta.A súa primeira parte, “Montañesas”, segue unha liña costumista centrada na montaña, a verdadeira protagonista. Na segunda, “Do ermo”, aproxímase ao intimismo máis puro arredor da erma soidade da paisaxe, onde recrea as cousas máis...

    17,50 €

  • ALFONSO R. CASTELAO. A FORXA DUN MITO
    ALFONSO R. CASTELAO. A FORXA DUN MITO
    MONTEAGUDO, HENRIQUE
    Realízase un rápido percorrido pola traxectoria vital de Castelao situándoa no seu marco histórico, ofrécese unha concisa recensión das súas obras máis significativas e bosquéxase unha síntese das principais liñas do seu pensamento.Con este traballo, Henrique Monteagudo aspira a contribuír ao reforzamento da memoria colectiva da cidadanía galega mediante a divulgación do coñece...

    17,50 €

  • TRÍPTICO TEATRAL
    TRÍPTICO TEATRAL
    VILLAR PONTE, ANTÓN
    Na súa incansábel actividade xornalística, Antón Villar Ponte nunca deixou de fixarse no teatro como espazo artístico coa dobre función de espallar o ideario galeguista das Irmandades da Fala e como ámbito de experimentación estética desde onde modernizar a cultura galega.En 1928, a Editorial Nós inaugurou a súa colección Teatro Galego con Tríptico, que reunía as pezas: A patri...

    17,50 €

  • LERIA
    LERIA
    RISCO, VICENTE
    O autor publica esta obra en 1961, unha recompilación de ensaios e colaboracións en prensa, fundamentais para coñecer a evolución dos homes da súa xeración, como o titulado ·Nós, os inadaptados”, e relatos como “A Coutada” e “Dedalus en Compostela”, ademais dunha breve escolma de artigos publicados antes da Guerra Civil, que, en palabras do autor, son “unha sorte de transfigura...

    17,50 €

  • O ESQUECIDO MENTOR DE NÓS. ESCOLMA DE TEXTOS, 1900-1929
    O ESQUECIDO MENTOR DE NÓS. ESCOLMA DE TEXTOS, 1900-1929
    LOSADA DIEGUEZ, ANTON
    Na obra, recóllense cincuenta e un escritos de Antonio Losada Diéguez, datados entre 1900 e 1929, quen, para Xoaquín Lorenzo, “foi a semente da xeración Nós”. Nesta escolma ofrécese un amplo abano da súa dispersa produción, con textos de carácter político, cultural, social e literario que permiten un achegamento imprescindible á figura dun dos esquecidos ideólogos do grupo Nós....

    23,00 €

  • O SEÑORITO DA REBORAINA
    O SEÑORITO DA REBORAINA
    OTERO PEDRAYO, RAMÓN

    23,00 €

  • ENTRE A VENDIMA E A CASTAÑEIRA
    ENTRE A VENDIMA E A CASTAÑEIRA
    OTERO PEDRAYO, RAMÓN
    En 1957 Ramón Otero Pedrayo deu ao prelo vinte relatos que sitúa entre o tempo da vendima e a castañeira, seleccionados no seu momento a partir dun considerable conxunto de textos inéditos, onde predominan, como liñas temáticas xerais, o reflexo dun mundo en crise en que se está a dar unha profunda transformación do sistema de valores e da orde tradicional, e a narración de suc...

    17,20 €

  • POLOS VIEIROS DA SAUDADE
    POLOS VIEIROS DA SAUDADE
    OTERO PEDRAYO, RAMÓN
    Nesta obra, Otero Pedrayo guíanos na súa viaxe a América, de 1947, con paradas en Tui, O Porto, Lisboa, Río de Xaneiro, Montevideo e Buenos Aires, lugar de reencontro con Castelao e outros vellos amigos, e onde descobre outra Galicia, ben diferente da que acaba de deixar. Nesta obra, Otero ofrécenos parte do seu complexo pensamento, onde Galicia se converte en protagonista e no...

    29,75 €

  • DIARIO, 1921
    DIARIO, 1921
    CASTELAO
    Na viaxe a Francia, Países Baixos e Alemaña, como pensionado da Junta para Ampliación de Estudios, Castelao descobre Europa, a súa xente, a súa sociedade, a súa arte, e déixao por escrito nun diario que non ten par nas nosas letras daquel tempo. Obra que é toda unha visión persoal do mundo das creacións estéticas, con ollos galegos, e que amosa un Castelao dono de todos os xogo...

    20,20 €

  • TEORÍA DO NACIONALISMO GALEGO
    TEORÍA DO NACIONALISMO GALEGO
    RISCO, VICENTE
    O autor é unha figura senlleira do xornalismo galego, legounos gran número de artigos. Este libro presenta unha escolma da súa produción; un retrato coral, onde cada texto deixa unha reflexión que, en moitos casos, seguen en voga. Coa súa lectura mergullarémonos nas inquedanzas e esperanzas da xeración Nós: política, lingua, cultura e sociedade a través duns ollos republicanos ...

    16,50 €

  • VICENTE RISCO
    VICENTE RISCO
    CASARES, CARLOS
    Primeira biografía de Vicente Risco. O 30 de outono de 1920 publicouse o primeiro número da revista Nós, que deu nome á xeración da que se celebra o seu centenario, motivo polo que este libro pretende achegar unha das figuras máis fascinantes do galeguismo, atractiva polo personaxe e indispensable para comprender a historia de Galicia no século XX.Nesta bilografía, Carlos Casar...

    17,20 €

  • CO PENSAMENTO NA PATRIA. ESCOLMA DE ARTIGOS
    CO PENSAMENTO NA PATRIA. ESCOLMA DE ARTIGOS
    VILLAR PONTE, ANTÓN
    O autor é unha figura senlleira do xornalismo galego, legounos gran número de artigos. Este libro presenta unha escolma da súa produción; un retrato coral, onde cada texto deixa unha reflexión que, en moitos casos, seguen en voga. Coa súa lectura mergullarémonos nas inquedanzas e esperanzas da xeración Nós: política, lingua, cultura e sociedade a través duns ollos republicanos ...

    23,00 €