- Editorial:
- EDITORIAL GALAXIA S.A.
- Ano de edición:
- 2021
- ISBN:
- 978-84-9151-740-5
- Páxinas:
- 206
- Encadernación:
- Rústica
- Colección:
- Biblioteca Nós
DO ERMO
NORIEGA VARELA, ANTONIO
Antonio Noriega Varela achéganos en Do ermo á vida dos labregos en diálogo coa natureza coa intención de rescatar a esencia máis pura e sinxela desta.
A súa primeira parte, Montañesas, segue unha liña costumista centrada na montaña, a verdadeira protagonista. Na segunda, Do ermo, aproxímase ao intimismo máis puro arredor da erma soidade da paisaxe, onde recrea as cousas máis pequenas e humildes (a flor dun toxo, o fío dunha arañeira
), na chamada poesía franciscana, con influencias da literatura portuguesa (Teixeira de Pascoaes, Guerra Junqueiro, Antero de Quental) e dos clásicos, Virxilio e Horacio, ademais de achegarse á poesía satírica, social e popular.