- Editorial:
- EDICIONS XERAIS DE GALICIA, S.A. (GRUPO ANAYA)
- Ano de edición:
- 2016
- ISBN:
- 978-84-9121-053-5
- Páxinas:
- 168
- Encadernación:
- Rústica
- Colección:
- NARRATIVA
GALERÍA DE SALDOS
GIRÁLDEZ, DIEGO
En cada un dos relatos de Galería de saldos mestúranse as vidas de personaxes cotiáns, protagonistas de calquera crónica de actualidade, con obras de arte orixinais ou reproducións baratas. Un mondrian nun edredón, un maruja mallo nunha bolsa de pan. A arte, igual que as traxectorias dos que fracasan, tamén pode quedar fóra de contexto. É doado identificarse con calquera dos personaxes do libro porque están aí, na sección de sucesos dun xornal, sentados no bar de sempre. Son superviventes dunha crise que os obriga a crer que teñen mala sorte. Caen enfermos. Padecen desamor, violencia e frustracións. Galería de saldos é unha homenaxe aos antiheroes en bata de casa.
Escrito con importantes doses de ironía e a franqueza máis cruenta, neste libro non hai oco para a fantasía, unicamente para unha realidade que doe. As vidas dos personaxes son coma pezas da mostra dunha galería en rebaixas tan só visitada pola persoa encargada da limpeza.