- Editorial:
- EDICIONS DO CUMIO, S.A.
- Ano de edición:
- 2010
- ISBN:
- 978-84-8289-387-7
- Páxinas:
- 192
- Encadernación:
- Rústica
- Colección:
- NATURGUIAS
GUÍA DE COGOMELOS DUNARES
DO LITORAL ATLÁNTICO GALEGO
CASTRO MARCOTE, J.M.
Os sistemas dunares son un exemplo de espazo ecolóxico onde sobrevivir é estremadamente difícil, pero a vida consegue finalmente evolucionar e adaptarse. Desta forma, un espazo que semella condenado a non ter vida, amósase ante os nosos ollos cunha biodiversidade tan grande que mesmo resulta difícil de crer.
Esta guía dá conta dun traballo de estudo e catalogación levado a cabo nos últimos 10 anos, co resultado da identificación de máis de 300 especies fúnxicas, nos areais e sistemas dunares do litoral atlántico galego. Consta dunha introdución, coa descrición do sistema dunar completo, os distintos hábitats, as plantas máis importantes, estratexias de adaptación e un catálogo de especies identificadas, con 80 fichas,
macro- e microfotografías a toda cor e observacións de todas as especies.
Agardo que este estudo sirva para axudar a divulgar a importancia deste espazo natural e así intentar que o coñecemento transmitido valla para conseguir unha maior protección, tanto a nivel individual como a nivel institucional.