0
LOBOFEROZ

LOBOFEROZ

PATACRÚA

15,90 €
IVE incluído
Editorial:
OQO EDITORA
Ano de edición:
2018
Materia
Manualidades para os pequenos
ISBN:
978-84-9871-589-7
Páxinas:
36
Encadernación:
Cartoné
Colección:
Colección O
15,90 €
IVE incluído
Engadir a favoritos

Era unha vez un lobo tan preguiceiro que, por non se esforzar, non comía máis que papas de arroz. Un día mirouse no espello e, ao verse tan fraco, decidiu converterse nun lobo feroz…

Moitos daqueles relatos de animais que aparecían nas primeiras compilacións de contos rusos remóntanse á época en que o home cazaba para subsistir. Mentres os homes cazaban, as mulleres contaban historias sobre animais, nas que se gababan as súas habilidades e astucia na loita pola supervivencia.
Estas narracións acerca da maña dos animais foron transmitidas durante séculos con inesgotable optimismo, e utilizadas como un instrumento para a educación estética e moral. Pese á ambivalencia de Loboferoz e dalgunhas pasaxes do relato enxergamos o pouso cultural latente na historia, nalgúns detalles.

Por exemplo, Rusia é un país de bosques, onde sempre hai un río preto, e o costume de que os convidados se bañen, como apunta o porco cara ao desenlace da historia, compréndese perfectamente se pensamos nas grandes distancias entre un lugar e outro e mais na dura climatoloxía. Cun argumento moi claro, frases acumulativas, diálogos repetitivos e unha linguaxe áxil e sinxela, Loboferoz dá ás á fantasía. Para alén diso, os personaxes (cabra, vaca, porco, burro, ovella) brillan sobre todo nas escenas humorísticas onde, con enxeño e sentido común, os animais domésticos que representan a inocencia acaban burlando o ruín e vil lobo.

Un universo fabuloso onde a astucia triunfa sobre a brutalidade, e o dereito á vida e mais a harmonía coa natureza acaban por se impor á maldade. Por medio dunha colaxe moi sintética, que economiza os recursos cromáticos, o ilustrador Chené Gómez destaca os elementos esenciais da historia, e consegue un ambiente minimalista moi efectivo, ao paso que, cos recursos precisos imprime carácter e forza aos personaxes e ao universo en que se desenvolve o relato.

Artículos relacionados

  • UNHA EIRUGA MOI LARPEIRA (POP-UP)
    UNHA EIRUGA MOI LARPEIRA (POP-UP)
    CARLE, ERIC
    A obra máis emblemática de Eric Carle, agora en edición pop-up. Un domingo soleado, unha eiruga nace dun ovo. É pequena pero ten moita fame. Por iso, día a día, percorre as páxinas perforadas deste libro devorando todo canto atopa ao seu paso: froitas, verduras e algunha que outra larpeirada. Así, ata se converter nunha fermosa bolboreta.O paso do tempo, o grande e o pequeno, o...

    19,50 €

  • LA FIESTA DE LOS ANIMALES
    LA FIESTA DE LOS ANIMALES
    FARINA, MARCOS
    Un acartonado para jugar a los contrarios en el que animales domésticos y salvajes acompañan a las niñas y niños en sus tareas cotidianas.En el mundo existen todo tipo de criaturas: rápidas o lentas, que pasan el día dormidas o despiertas, que juegan o trabajan, que vivensolas o en compañía, que andan revueltas o en fila, que siempre están tranquilas o que se alteran fácilmente...

    12,00 €

  • DEZ COELLIÑOS
    DEZ COELLIÑOS
    SENDAK, MAURICE
    Un álbum inédito no noso país para aprender a contar coa maxia e co humor do extraordinario Maurice Sendak.Mino, o mago, axita a variña e zas!, saca un coello da chistera. Logo dous, tres, catro..., así ata dez. Que difícil controlar tantos orelludos que choutan e se agochan por calquera lugar! Ata que Mino axita de novo a súa variña e... alehop!, un a un, os coellos van desapa...

    15,00 €

  • AI
    AI
    CASAL LODEIRO, MANUEL
    Ai é un cadeliño algo despistado, ben simpático e bastante sensible que está falto de amor. Por que todo o mundo pronuncia o seu nome se logo non queren a súa amizade Mais na vida todo chega, tamén o cariño verdadeiro. ...

    14,00 €

  • DIEZ CONEJITOS
    DIEZ CONEJITOS
    SENDAK, MAURICE
    Un álbum inédito en nuestro país para aprender a contar con la magia y el humor del extraordinario Maurice Sendak.Mino, el mago, agita la varita y ¡zas!, saca un conejo de la chistera. Luego dos, tres, cuatro…, así hasta diez. ¡Qué difícil controlar a tantos orejudos que brincan y se esconden por cualquier lugar! Hasta que Mino agita de nuevo su varita y… ¡alehop!, uno a uno, l...

    15,00 €

  • A FESTA DOS ANIMAIS
    A FESTA DOS ANIMAIS
    FARINA, MARCOS
    Un acartonado para xogar aos contrarios no que animais domésticos e salvaxes acompañan as nenas e nenos nas súas tarefas cotiás.No mundo existen todo tipo de criaturas: rápidas ou lentas, que pasan o día durmidas ou espertas, que xogan ou traballan, que viven soas ou en compañía, que andan revoltas ou en fila, que sempre estántranquilas ou que se alteran facilmente. Todas disti...

    12,00 €

Outros libros do autor

  • PACO PAPÁN
    PACO PAPÁN
    PATACRÚA
    Paco Papán empéñase en atopar un traballo á súa medida, e proba diferentes oficios: o luns busca traballo na xastraría, o martes na casa duns labregos, o mércores na taberna… Despois de divertidos contratempos e estrepitosos fracasos laborais, e cando xa non queda ninguén no contorno disposto a darlle traballo, a súa perseverancia e optimismo veranse por fin recompensados ao ch...

    15,90 €

  • LOBOFEROZ
    LOBOFEROZ
    PATACRÚA
    Érase una vez un lobo tan vago que, por no esforzarse, no comía más que sopas de arroz. Un día se miró en el espejo y, al verse tan flaco, decidió convertirse en un lobo feroz... En las primeras recopilaciones de cuentos rusos aparecieron numerosos relatos de animales, que se remontan a la época en que la principal subsistencia del hombre era la caza. Mientras los hombres cazab...

    13,50 €

  • EL GATO TRAGÓN
    EL GATO TRAGÓN
    PATACRÚA
    No contento con engullir una olla llena de papas, añade a su ilimitado menú -sin problema alguno de digestión- una vieja, un enano, un hombre montadoen un burro, cinco pajaritos, siete niñas, un abad, una dama? Pero la fortuna hace, finalmente, que todos los que fueron a parar a la tripa del gato tragón encuentren un final feliz a su trágico destino. ...

    13,00 €

  • O GATO LAMBÓN
    O GATO LAMBÓN
    PATACRÚA
    Era unha vez unha vella que tiña un gato. O gato era moi lambón e sempre andaba a ver se pillaba algo. Un día, a vella fixo unha pota de papas para o almorzo... Os contos tradicionais que se narran por toda Europa soen ter presente a figura do gato, acaparador e lambeteiro como o desta historia, que engule canto se lle pon por diante. Na obra “A famosa invasió...

    13,00 €