- Editorial:
- KALANDRAKA EDITORA
- Ano de edición:
- 2004
- Materia
- Prelectores, de 0 a 5 anos
- ISBN:
- 978-84-8464-237-4
- Páxinas:
- 28
- Encadernación:
- Cartoné
- Colección:
- Os contos do trasno
O GATO LAMBÓN
PATACRÚA
Era unha vez unha vella que tiña un gato.
O gato era moi lambón e sempre andaba a ver se pillaba algo.
Un día, a vella fixo unha pota de papas para o almorzo...
Os contos tradicionais que se narran por toda Europa soen ter presente a figura do gato, acaparador e lambeteiro como o desta historia, que engule canto se lle pon por diante. Na obra A famosa invasión de Sicilia polos osos, o autor Dino Buzzati xa facía referencia, en 1945, a un felino tremendamente voraz que, ao parecer, actuaba nas montañas sicilianas. Ademais deste conto popular danés, existen historias similares en Irlanda, Escocia... E probablemente arrastrado por voces anónimas que camiñaron dende o Norte ao longo dos séculos, chegou ata nós a lenda deste minino de tragadeiras sen parangón.
Non contento con comer unha pota chea de papas, engádelle ao seu ilimitado menú -sen problema ningún de dixestión- unha vella, un anano, un home montado nun burro, cinco paxariños, sete nenas, un abade, unha moza... Pero a fortuna fai, finalmente, que todos os que foron parar á tripa do gato lambón atopen un final feliz ao seu tráxico destino. Aínda así o felino non chega a escarmentar das súas faenas, polo que non se descarta o seu carácter reincidente.
A narración destaca pola axilidade, con moito sentido do humor, e un coidado ton que conserva o
estilo da oralidade. En canto ás ilustracións, Oliveiro
Dumas elabora un traballo acertado e divertido.
Texto e imaxes conxúganse ata o punto de acadar un conto redondo.