- Editorial:
- OQO EDITORA
- Ano de edición:
- 2013
- Materia
- Manualidades para os pequenos
- ISBN:
- 978-84-9871-446-3
- Páxinas:
- 36
- Encadernación:
- Cartoné
- Colección:
- Colección O
MAGO ROSA
ARNAL, TXABI
Por ?n, os seus esforzos tiñan recompensa:
Mago Rosa conseguira facer
unha bolsa de coiro que tragaba todo.
Abondaba con dicir:
OEMOC!
(unha palabra que, dada a volta, deixa de ser máxica)
Logo de moitos experimentos, este mago monocromático atopa unha fórmula para satisfacer a súa ilimitada avaricia e maldade gratuíta, que non tarda en aplicar ao Mago Amarelo, porque non lle caía nada ben, aínda que sen saber por que.
A partir de aí empeza a encher a súa bolsa á orde de Oemoc! (Cómeo!, ao revés). Con este obxecto máxico, acode ao mercado e á xastrería, arramplando con todo. Ata fai seu o palacio máis luxoso da rexión e ata o Banco, con banqueros, clientes, cartos e todo.
No entanto, o seu periplo de cobiza incontrolable vese interrompido cando se atopa cunha bondadosa e xenerosa maceira, que non dubida en enfrontarse a el e á súa bolsa de coiro para protexer a un indefenso paxariño:
Non hai cousa que se me resiste! -gritou o mago, fóra de si.
Pero, a saber por que razón, a maxia non funcionaba con aquel paxaro.
Este conto demostra que non hai inimigo pequeno. Así, unha simple árbore e un ave diminuta son capaces de enervar a un mago e ata anular os seus poderes, no caso do pequeno paxaro.
Txabi Arnal volve colaborar con OQO editora, tras escribir, xunto ao seu irmán Manu, O crebacabezas. E, do mesmo xeito que neste álbum, en Mago Rosa toca de novo o tema da xustiza; tanto na recompensa das boas accións (ao final a maceira é auxiliada por unha nube de aves, amigas do paxaro) como o castigo coa mesma moeda do dano realizado (explicitado na ilustración coa que finaliza o conto).
Mago Rosa é un conto infantil, divertido e algo falcatrueiro, cargado de intención, e consciente de quen será preferentemente o seu público lector, destaca o escritor Txabi Arnal, que, no entanto, rexeita que busque unha mensaxe ou final moralizadora no conto; quen pretenda atopar unha sentenza, que a busque, pero que quede moi claro, non é a miña intención, aclara.
En concreto, explica que escribiu este conto coa intención de provocar sorrisos entre os seus lectores e ofrecer un bo intre de goce e diversión. Oxalá que sexan compartidos!, engade con entusiasmo.
Unhas pretensións que, de momento, xa se cumpriron en Rashin Kheiriyeh. A ilustradora iraniana atopou ao conto e en particular ao protagonista moi gracioso e encantador, así que intentou debuxalo tan divertido como puido.
É unha historia brillante, que me encantou en canto a lin, subliña a ilustradora sobre o traballo de Txabi Arnal e que supón a súa terceira colaboración con OQO, tras Sopa de nada e Se os gatos levasen botas gobernarían as ras, Premio Especial no I Concurso Internacional de Ilustración de Nami Island (Corea do Sur).
Para salientar máis a característica cromática que dá nome ao mago e ao conto, Rashin Kheiriyeh creou fondos sinxelos. En canto á técnica, utilizou a combinación habitual nos seus traballos: óleo, colaxe e gravado. Paseino en grande mentres facía as ilustracións para este conto, por iso espero que lle encante aos lectores, conclúe a artista.