- Editorial:
- TRIQUETA VERDE
- Ano de edición:
- 2021
- Materia
- Manualidades para os pequenos
- ISBN:
- 978-84-18687-10-5
- Páxinas:
- 48
- Encadernación:
- Cartoné
- Colección:
- < Xenérica >
O MEU PIOLLO E MAIS EU
ARNAL, TXABI
Desde o mesmo título, O MEU PIOLLO E MAIS EU lanza un desafío ao lector, un reto amable e divertido, unha invitación e incitación á súa lectura. E é que o título desta obra pica e incomoda igual que o fan os piollos cando se aloxan nas nosas cabezas. Pero adoita suceder que, en ocasións, o incómodo tamén resulta atractivo.
Quen o diría! Un PIOLLO, un bicho tan pequeno, tan molesto, tan parasito, tan azoute de nais, pais e profesorado
convertido en protagonista e heroe dun álbum infantil. E non, non é o malo desta película. De selo, a nosa obra estaría encabezada por outro título como, por exemplo: EU CONTRA O PIOLLO ou DUELO NA MIÑA CABEZA pero non é o caso.