- Editorial:
- EDICIONS XERAIS DE GALICIA, S.A. (GRUPO ANAYA)
- Ano de edición:
- 2021
- ISBN:
- 978-84-9121-915-6
- Páxinas:
- 224
- Encadernación:
- Rústica
- Colección:
- NARRATIVA
MEDOS
CARRÉ, HÉCTOR
Avanzar na vida consiste en enfrontar o medo, ás veces mesmo con humor, con moito humor. Medo a un accidente, ao dentista, á culpa, aos pesadelos, ás propias lembranzas, á enfermidade, a nós mesmos... Ás veces, temos medo daquilo que nos ameaza, pero outras tememos precisamente o que pode liberarnos.
Coa lectura destes relatos de Héctor Carré descubrimos que os nosos medos poden ser ridículos e ata cómicos; pero outros son tan aterradores que nos impiden abrir os ollos. Ás veces temos tanto medo que nos falta o aire para respirar e cremos que non seremos quen de soportar a situación e, así e todo, conseguimos o valor necesario para tirar adiante e seguir enfrontando a vida. A fin de contas, temos medo porque aínda non estamos mortos.