- Editorial:
- EDICIONS XERAIS DE GALICIA, S.A. (GRUPO ANAYA)
- Ano de edición:
- 2008
- Materia
- Lectores avezados, de 13 endiante
- ISBN:
- 978-84-9914-804-5
- Páxinas:
- 216
- Encadernación:
- Rústica
- Colección:
- Fora de Xogo
O CENTRO DO LABIRINTO
FERNÁNDEZ PAZ, AGUSTÍN
A acción de O centro do labirinto transcorre a mediados do século XXI. Aínda que o proceso de globalización mundial, acompañado da extensión do pensamento único e da uniformización cultural, xa comezara a finais do século XX, só se consolidou definitivamente cando entraron as Leis de Unificación, no ano 2020. Unhas leis que provocaron a resistencia dun sector minoritario da poboación, recluído agora na ZNC (Zonas Non Controladas) que se crearon especialmente para acoller esas minorías.
Nos anos en que transcorre a historia, o mundo está dividido en 8 zonas, das que Europa é unha delas. Nesta Europa, que vive de costas ás abrumadoras desigualdades mundiais, parece que xa só é posible unha vida baseada no consumo e no conformismo. Aínda que formalmente segue a existir un poder político, o certo é que o poder real está en mans do G-12, o grupo de persoas que dirixe os seus destinos desde a sombra.