
- Editorial:
- EDITORIAL GALAXIA S.A.
- Ano de edición:
- 2014
- ISBN:
- 978-84-9865-544-5
- Páxinas:
- 308
- Encadernación:
- Rústica
- Colección:
- Literaria
OLYMPIA RING, 1934
LÓPEZ LÓPEZ, XABIER
O xornalista pontevedrés Sebastián Faraldo viaxa a Barcelona para escribir sobre o combate polo título mundial de peso pluma. Estamos en 1934, con Cataluña sumida en plena euforia republicana e nacionalista. O boxeador galego Manuel Ramírez Castro, alcumado o Camión, vai participar na mesma serie de veladas para intentar atopar o seu sitio no mundo das catro cordas. En Olympia Ring, 1934, Xabier López López fai regresar ao carísmático xornalista, obeso e sentimental, que lectoras e lectores coñecen da novela A vida que nos mata, coa que o seu autor obtivo o Premio García Barros en 2003.
Barcelona, outono de 1934. Mentres a cidade se recupera das consecuencias da frustrada proclamación do Estado catalán, os afeccionados ao boxeo prepáranse para presenciar o combate polo título mundial do peso pluma entre Josep Gironés e Freddie Miller. Na mesma serie de veladas tamén vai participar o prometedor púxil galego Manuel Ramírez Castro, O Camión, desexoso de atopar un oco no mundo das catro cordas. Ata alá viaxa Sebastián Faraldo, reconvertido en cronista deportivo.
Ninguén pode sospeitar que a lona vai ser escenario dun sofisticado asasinato.
Olympia ring, 1934 é unha novela que revitaliza o xénero negro ao hibridalo coa novela histórica. A actualidade política da España de 1934 e o ambiente do boxeo e dos baixos fondos ?con antecedentes claros na novela negra e no cinema norteamericanos? conflúen nunha ficción na que as referencias á cultura de masas comparten territorio con chiscadelas humorísticas e un xeito sabio de dispoñer o material narrativo para engaiolar lectores intelixentes, que gusten de xogar co autor nesta pescuda da xustiza a través do tempo.