- Editorial:
- EDICIONS XERAIS DE GALICIA, S.A. (GRUPO ANAYA)
- Ano de edición:
- 2016
- Materia
- Primeiros lectores, de 5 a 7 anos
- ISBN:
- 978-84-9121-052-8
- Páxinas:
- 72
- Encadernación:
- Rústica
- Colección:
- SOPA DE LIBROS (G)
POEMAS BIROLLOS PARA LER COS OLLOS
ALONSO, FRAN
?Poemas birollos para ler cos ollos? é un libro de poesía infantil que parte dunha concepción lúdica, divertida e transgresora da poesía.
Os poemas nacen de dúas fontes fundamentais: a poesía visual e a oralidade. Botando man do elemento gráfico para facer que os poemas se lean coma se fosen cadros e buscando a complicidade das cancións infantís, dos arrolos e das sortes, Fran Alonso fai neste libro unha proposta sorprendente e modernizadora.
O resultado é un libro moi accesible que sitúa a poesía moi próxima á sensibilidade das nenas e nenos de hoxe.