0
POESÍA MARCIAL VALLADARES

POESÍA MARCIAL VALLADARES

VALLADARES, MARCIAL

88,00 €
IVE incluído
Editorial:
EDICIÓN DO AUTOR
Ano de edición:
2003
Páxinas:
280
Encadernación:
Rústica
88,00 €
IVE incluído
Engadir a favoritos

A faceta de poeta de Marcial Valladares (Vilancosta, A Estrada 1821-1903) aparece na historia da literatura galega frecuentemente escurecida pola súa outra actividade literaria como narrador. Non obstante, debemos ter presente que o autor de "Maxina ou a filla espúrea" (escrita en 1870 e publicada en 1880) compuxo arredor de medio cento de composicións poéticas que, aínda que de desigual calidade, presentan como mérito o feito de seren precursoras no uso do galego nos primeiros tempos do rexurdimento literario. Sen dúbida, as súas primeiras composicións poéticas, de 1844, 1845 e 1846, a súa primeira manifestación literaria reflectida en poemas como "A un paxariño",xunto ás pezas de Alberto Camino, sitúan ao escritor da Estrada como un dos fundadores da nosa Renacencia literaria.
A presente edición da obra poética en galego de Marcial Valladares, preparada por Xosé A. Fernández Salgado, profesor da Universidade de Vigo e especialista na obra de Marcial Valladares, sobre quen preparou a súa tese de doutoramento, recolle medio cento de composicións escritas por Valladares ao longo de case medio século, dende 1844 a 1891. Ofrécese, pois, por vez primeira, un volume que compila as súas poesías dispersas por xornais e publicacións da época, e algunha outra inédita. Precursor, como Francisco Añón ou Alberto Camino, os primeiros poemas de Valladares traslocen os sentimentos e sensibilidades das vivencias persoais, e son debedoras das formas e temáticas románticas propias da altura do século. Non obstante estes versos comparten presencia cos de asuntos costumistas, que se tinguen ás veces de leves críticas sociais, e con outros tipicamente populares en formas e motivos.

Artículos relacionados

  • JOSÉ RAMÓN GONZÁLEZ PÉREZ
    JOSÉ RAMÓN GONZÁLEZ PÉREZ
    NORBERTO PABLO CIRIO
    ¿Pode un home transformarse en música? Este libro narra a novelesca vida de José Ramón González Pérez (1913-2007).Nacido en Cuba, pastor nos Ancares galegos e un destacado membro dunha estirpe de músicos documentada desde comezos do s. XIX, a dos Gaiteiros do Bodego . “Fuxido” pola súa lealdade á República durante a Guerra Civil, “recrutado forzoso” ás ordes de fascistas e nazi...

    20,00 €

  • O SENTIDO DO ABRAIO
    O SENTIDO DO ABRAIO
    CARSON, RACHEL
    A celebración da natureza para persoas de todas as idades.Xuntando dúas das cinco liñas editoriais de Catro Ventos, ecoloxía e educación alternativa, publicamos en galego este ensaio da escritora e bióloga mariña Rachel Carson (1907-1964), autora de obras fundamentais para o ecoloxismo moderno como Primavera silenciosa (1962).Na publicación orixinal na revista Women’s Home Comp...

    17,00 €

  • A TOPONIMIA DOS CELTAS BRIGANTINOS E DOUTROS POBOS
    A TOPONIMIA DOS CELTAS BRIGANTINOS E DOUTROS POBOS
    CABEZA QUILES, FERNANDO
    Obra de investigación predominantemente filolóxica, desentraña os arcanos da toponimia máis antiga e escura dos "brigantinos", sen esquecer as pegadas toponímicas deixadas por outros pobos celtas que viviron e laboraron na antiga Gallaecia. O presente volume ofrece porpostas toponímicas novidosas, ata o de agora inéditas, e porfía en exhumar un período da historia de Galicia po...

    20,00 €

  • IMPOSIBLE DECIR ADIÓS
    IMPOSIBLE DECIR ADIÓS
    HAN KANG
    LA NUEVA NOVELA DE HAN KANGPREMIO NOBEL DE LITERATURA 2024PREMIO MÉDICIS ÉTRANGER 2023 «Una novela inquietantemente bella sobre la imposibilidad de despertar de la pesadilla histórica. Inolvidable».Hernán Díaz Una gélida mañana de finales de diciembre, Gyeongha recibe un inesperado mensaje de su amiga Inseon: después de sufrir un accidente en su taller de carpintería en la isla...

    21,90 €

  • ACTOS HUMANOS
    ACTOS HUMANOS
    HAN KANG
    PREMIO NOBEL DE LITERATURA 2024 «Hay que leer la tremenda Actos humanos [...] Una mirada casi imperturbable hacia el horror, la sangre y la crueldad desplegada institucionalmente».Elena Hevia, El Periódico Mayo de 1980. La ciudad de Gwangju se moviliza contra la dictadura militar de Chun Doo-hwan, que hace unos meses tomó el poder en Corea del Sur. La oposición civil, liderada ...

    21,90 €

  • ALFONSO ZULUETA. UNHA HUMANIDADE VIVIDA
    ALFONSO ZULUETA. UNHA HUMANIDADE VIVIDA
    AUTORES VARIOS
    Alfonso Zulueta de Haz (1924-2017) foi home de fondas conviccións e compromisos. Neste libro recóllense testemuños de persoas que o acompañaron por distintas etapas dunha vida marcada polas preocupacións políticas, sociais e culturais, eidos en que desenvolveu unha intensa actividade. Desde o Cineclub e o Ateneo de Pontevedra ata a creación, xunto coa súa dona, María Teresa Fer...

    22,00 €

Outros libros do autor

  • MAXINA OU A FILLA ESPURIA
    MAXINA OU A FILLA ESPURIA
    VALLADARES, MARCIAL
    En Maxina, seguindo moldes da novela folletín da época, cóntase a tormentosa e desgraciada historia de Otilia de Sancti-Petri, unha moza da burguesía compostelá que é violada nun baile de máscaras, a consecuencia do cal nacerá unha nena que chamarán Maxina. Co fin de preservar a honra da nai, a nena será dada ao hospicio, e logo recollida e criada polos labregos Inés e Caitán, ...

    26,50 €

  • MAXINA
    MAXINA
    VALLADARES, MARCIAL
    Marcial Valladares Núñez (1821-1903) é autor da primeira novela galega do século XIX, obra sobranceira do rexurdimento: Maxina, ou a filla espúrea (1890). Nese mesmo ano publicou Rosalía de Castro Follas Novas e M. Curros Enríquez Aires da miña terra.Presentada primeiro por entregas no folletón de La Ilustración Gallega y Asturiana, que dirixía Manuel Murguía, Maxina represent...

    10,25 €

  • POESÍA
    POESÍA
    VALLADARES, MARCIAL
    A faceta de poeta de Marcial Valladares (Vilancosta, A Estrada 1821-1903) aparece na historia da literatura galega frecuentemente escurecida pola súa outra actividade literaria como narrador. Non obstante, debemos ter presente que o autor de "Maxina ou a filla espúrea" (escrita en 1870 e publicada en 1880) compuxo arredor de medio cento de composicións poéticas que, aínda que d...

    17,95 €