- Editorial:
- EDICIONS XERAIS DE GALICIA, S.A. (GRUPO ANAYA)
- Ano de edición:
- 2009
- ISBN:
- 978-84-9782-956-4
- Páxinas:
- 56
- Encadernación:
- Rústica
- Colección:
- Merlín
RATA LINDA DE COMPOSTELA
GRAÑA, BERNARDINO
No Monte do Gozo, preto de Compostela, vive Rata Linda. Tamén vivía alí o Rato, que marchou para o estranxeiro. Un día, Rata Linda atopa unha moeda que lle caera a Don Gato. Con ela, vai á tenda e merca un fermoso lazo, que pon na cabeza. Como estaba no balcón, algúns animais que pasaban por alí viana e pedíanlle para casar con ela. O Can, o Burro, o Grilo e o Gato foran facéndolle a petición. A Rata acepta casar con Don Gato, pero este o único que quere é recuperar a moeda. Rata Linda consegue desfacerse de Don Gato, facendo que caia a un pozo e afogue nel. E, despois disto, atopouse con que o Rato volvera da súa viaxe e tamén lle pedía para casar. Rata Linda acepta, e os dous marchan xuntos "a Santiago de Compostela, por mirar a Catedral " .
Rata linda de Compostela, conto escrito por Bernardino Graña e ilustrado por Manolo Uhía, está considerado como un dos contos versificados clásicos da literatura infantil de noso.