- Editorial:
- EDICIONS XERAIS DE GALICIA, S.A. (GRUPO ANAYA)
- Ano de edición:
- 2005
- ISBN:
- 978-84-9782-257-2
- Páxinas:
- 72
- Encadernación:
- Otros
- Colección:
- SOPA DE LIBROS (G)
SEDNA, A DEUSA DO MAR
ABELEIRA, XOÁN
Nunavut -a nena protagonista de ?Sedna, a deusa do mar?, a cuarta entrega da serie ?As Aventuras de Nunavut? de Xoán Abeleira- pertence a un dos pobos máis lendarios da Terra, os ?inuit? ou esquimós, pobo primitivo que aínda sobrevive en durísimas condicións e cunha peculiar cultura onde o real e o suprarreal están intimamente vencellados. Mais Nunavut tamén é hoxe unha fermosa e esperanzadora rexión autónoma para todas as comunidades árticas.
Esta cuarta entrega da serie iníciase nun verán que se amosa benigno pero no que escasea a pesca. No outono o mar comezara a xearse antes do que adoitaba o que significaba que o inverno se ía adiantar. Para sobrevivir, homes e mulleres, terían que saír a cazar baleas. Mentres tanto, os rapaces debían quedar cos anciáns e Nunavut irá a carón de Mamá Helga, a persoa que mellor coñecía as lendas da aldea. ?Sedna, a deusa do mar?, será unha desas lendas fundacionais da sociedade ?inuit?.