- Editorial:
- KALANDRAKA EDITORA
- Ano de edición:
- 2016
- Materia
- Prelectores, de 0 a 5 anos
- ISBN:
- 978-84-8464-998-4
- Páxinas:
- 40
- Encadernación:
- Cartoné
- Colección:
- Demademora
SOMOS AMIGOS?
FERNÁNDEZ, ANABEL
Non quero comer verduras.
Ti, que es tan comellón, axúdasme?
Quero voar moi alto.
Ti, que tes tanta forza, axúdasme?
Somos amigos? é un álbum ilustrado dirixido a pre-
lectores e a primeiros lectores sobre a construción
da amizade entre un neno e un oso: a priori, dous personaxes moi diferentes, pero que poden ser complementarios se se axudan mutuamente.
Anabel Fernández Rey estrutura a obra en dúas
partes, amosandoos puntos de vista, os desexos
e as necesidades dos protagonistas ante situacións
cotiás. Porque aínda que ás veces temos que facer cousas polos demais que non nos gustan ou nos custan certo esforzo, é entón cando se demostra a verdadeira amizade: como entrega, dende a cooperación, a xenerosidade e sen egoísmo. Porque apoiándonos nas dificultades fortalécense os lazos afectivos. Porque non importa o distintos que sexamos fisicamente ou as capacidades diferentes que teñamos.
Texto e ilustracións dialogan no libro de modo que a parte visual ten tanto peso como as palabras -ou mesmo máis, nas dobres páxinas mudas-,o que abre a lectura a diversas interpretaciónse conclusións.
O diálogo entre os personaxes establécese con palabras e xestos: un verbaliza os seus desexos mentres a resposta do outro intúese a través da súa expresividade.
Colores e pinceladas suaves son a principal cualidade artística desta obra, xunto coa variedad e de planos e o xogo coa linguaxe non verbal