- Editorial:
- KALANDRAKA EDITORA
- Ano de edición:
- 2024
- Materia
- Manualidades para os pequenos
- ISBN:
- 978-84-1343-311-0
- Páxinas:
- 24
- Encadernación:
- Otros
- Colección:
- < Xenérica >
SOÑO DE NEVE
CARLE, ERIC
Un novo Eric Carle acartonado con texturas e solapas para celebrar o Nadal.
Nunha pequena granxa vivía un granxeiro cos seus cinco animais. Unha noite, tivo un soño: caían folerpas de neve que pouco a pouco os cubrían a todos cun manto branco.
Soño de neve é unha historia de Nadal, chea de sorpresas, que destaca polas suas particularidades gráficas: a cuberta satinada, que contrasta coa rugosidade de fragmentos téxtiles que imitan as folerpas de neve, e as páxinas intercaladas con xanelas que convidan a descubrir quen se agocha detrás dos mantos brancos.
A intensidade das ilustracións, ao estilo de Eric Carle, en colaxes de papel pintado e con texturas, propón unha experiencia de contraste entre a brancura da neve e un vistoso colorido dos demais elementos.