- Editorial:
- KALANDRAKA EDITORA
- Ano de edición:
- 2024
- Materia
- Álbums ilustrados
- ISBN:
- 978-84-1343-271-7
- Páxinas:
- 26
- Encadernación:
- Cartoné
- Colección:
- < Xenérica >
UN GRILO MOI SILENCIOSO
CARLE, ERIC
Un novo Eric Carle en galego en edición acartonada e con sons, ideal para ver e escoitar.
Por moito que refregaba as súas ás, o pequeno grilo non era quen de cantar. Nin a lagosta, nin a barbantesa, nin o verme, nin o mazaleites puideron escoitar o seu son. Tampouco os demais habitantes do prado ata que unha noite, á luz da lúa, se atopou cunha grila
Nesta obra encontramos algúns dos temas habituais en Eric Carle: a natureza, o fluír do tempo, o crecemento, a transformación,
E tamén moitos dos trazos característicos da súa proposta plástica: a cor, o trazo rápido ou a colaxe. Un acartonado ideal para aprenderlles ás crianzas os fermosos nomes dos insectos en galego que conta cunha sonora sorpresa final.