- Editorial:
- TECNICAS & GRAMAXE, S.L. - EDICIÓNS FERVENZA
- Ano de edición:
- 2019
- ISBN:
- 978-84-17094-90-4
- Páxinas:
- 232
- Encadernación:
- Cartoné
- Colección:
- < Xenérica >
TEATRO DE PINTOR
VÁZQUEZ PINTOR, XOSÉ
Que a obra literaria de Vázquez Pintor sexa eminentemente poética non empece a visita do autor a outros xéneros, entre eles o teatral, que vemos hoxe reunido nesta fermosa antoloxía titulada "Teatro de Pintor", para indicar, talvez, unha certa condición pictórica das dez pezas, ou cando menos a súa plasticidade, que as torna máis abertas, máis respirábeis.
Da lectura das pezas contidas neste volume deducimos, en primeiro lugar, que son a obra e o traballo dun poeta, pola escolla de argumentos, linguaxes e espazos, mais tamén polas paradas metáforicas en temas e accións que denotan a vocación precisa dun director de escena.