- Editorial:
- BAIA EDICIONS
- Año de edición:
- 2006
- Materia
- Manualidades para os pequenos
- ISBN:
- 978-84-96526-64-8
- Páginas:
- 36
- Encuadernación:
- Otros
- Colección:
- XIZ DE COR
O PIRATA METEPATA
NÚÑEZ, TOÑO
Relato do escritor naviego-lucense Toño Núñez, ilustrado polo debuxante betanceiro e colaborador de La voz de Galicia José Tomás, que conta a historia dun vello e tenro mariño galego -o capitán Peneque- quen, despois de navegar unha morea de anos e de vivir unha pila de aventuras polos mares máis perigosos do planeta, atópase co malvado pirata Metepata. O capitán Peneque, de Galicia chegado, derrota e obriga a fuxir o pirata Metepata, a quen nunca volveron ver.
En palabras do seu autor: Trátase dun conto rimado, percorrido pola ternura e no que aparecen insinuadas unhas folerpiñas épicas. Está contado nun rexistro que lembra ao das vellas historias e emprega unha linguaxe que, penso, recende a poesía. Ademais, recolle e recrea a idea do débil e fráxil que se enfronta ao poderoso, a quen vence. E, por suposto, é un conto no que as magníficas ilustracións de José Tomás, cheas de expresividade e de forza narrativa, fanlle medrar ao texto de xeito espectacular.