
- Editorial:
- KALANDRAKA EDITORA
- Año de edición:
- 2017
- Materia
- Primeiros lectores, de 5 a 7 anos
- ISBN:
- 978-84-8464-338-8
- Páginas:
- 68
- Encuadernación:
- Cartoné
- Colección:
- Tras os montes
SALTÓN NO CAMIÑO
LOBEL, ARNOLD
“Saltón no camiño” reúne seis relatos do destacado autor estadounidense Arnold Lobel: O Club, Unha casa nova, A varredora, A viaxe, Sempre e Pola tarde. Con cada un dos personaxes
que atopa no seu longo camiñar, vivirá unha aventura,
unha experiencia que vai máis aló do que aparentemente amosa. Porque neste libro, o cerne está na propia viaxe.
As historias de Saltón, incansable camiñante e cidadán do mundo, trazan perfís inherentes á condición humana; transmítenlles
aos lectores a poesía que se oculta no cotiá. Mentres que para
o público infantil cada relato é un episodio máis nas peripecias
de tan peculiar protagonista, por riba das dificultades que atopa
no seu traxecto, os adultos atoparán nesta obra outras lecturas enriquecedoras: entre elas, que a felicidade está nas cousas simples, lonxe de cuestións que nos complican a vida e nos impiden acadar os nosos obxectivos ou gozar do día a día.