
- Editorial:
- KALANDRAKA EDITORA
- Año de edición:
- 2013
- Materia
- Manualidades para os pequenos
- ISBN:
- 978-84-8464-817-8
- Páginas:
- 72
- Encuadernación:
- Cartoné
- Colección:
- Tras os montes
SOPA DE RATO
LOBEL, ARNOLD
- Pero eu non teño conto ningún - dixo a donicela.
- Teño eu - dixo o rato - . Podo contalos agora mesmo.
- Pois veña - dixo a donicela-. E rapidiño, que teño moita fame ...
Un ratiño, a piques de ser papado por unha donicela, dille que para facer unha sopa de roedor moito máis saborosa precisa ingredientes de moitos contos. Entón, o astuto protagonista deste libro comeza a contarlle historias que a deixan completamente encandeada...
A finalidade dos contos de Lobel - fábulas na súa meirande parte - é conseguir que os nenos e nenas aprendan a ler dun xeito divertido. Só escritores cunha enorme sensibilidade como Lobel foron quen de utilizar un estilo inocente sen pecar de pueril, tanto na narración como nas ilustracións que creaba, dixeron os principais especialistas en Literatura Infantil e Xuvenil. Polos seus textos e imaxes sinxelos e evocadores,
Sopa de rato, xunto con Contos de ratiños, O porquiño e Tío Elefante, son referentes literarios incuestionables dun autor que este ano cumpriría o seu 80 aniversario
No 80 aniversario do nacemento de Arnold Lobel, KALANDRAKA recupera os seus relatos sinxelos e evocadores, referentes incuestionables na historia da Literatura Infantil e Xuvenil de todos os tempos.