
- Editorial:
- KALANDRAKA EDITORA
- Año de edición:
- 2011
- ISBN:
- 978-84-8464-761-4
- Páginas:
- 68
- Encuadernación:
- Cartoné
- Colección:
- Tras os montes
TÍO ELEFANTE
LOBEL, ARNOLD
Tenrura e sensibilidade son algunhas das emocións que desprende este relato entrañable, un clásico imprescindible da Literatura Infantil de todos os
tempos. O pequeno elefante pasa un tempo co seu tío, que mitiga a base de contos reparadores, cancións divertidas e xogos de palabras a tristura que provoca no seu sobriño a desaparición dos seus pais.
Esta doce historia, de final feliz, está estruturada en nove capítulos que seguen unha fórmula circular, e complétase coas ilustracións do propio Arnold Lobel: realistas, sinxelas, de cores suaves e claroscuros para acentuar as formas robustas dos protagonistas. Destaca a habilidade literaria do autor para envolver o texto de elegancia e estilo: Teño máis engurras que follas ten unha árbore. Teño máis engurras que area unha praia. Teño máis engurras que estrelas hai no ceo....