- Editorial:
- EDICIONS XERAIS DE GALICIA, S.A. (GRUPO ANAYA)
- Ano de edición:
- 2005
- ISBN:
- 978-84-9782-252-7
- Páxinas:
- 144
- Encadernación:
- Rústica
- Colección:
- NARRATIVA
AMOR DE ARTUR
MÉNDEZ FERRÍN, XOSÉ LUÍS
Imaxinación e aventura son dous dos ingredientes desta obra, que nestas narracións de Méndez Ferrín acadan un clímax épico que se vai esvaíndo lenemente, nun inquedante espacio lírico.
o mundo imaxinario que recrea maxistralmente Méndez Ferrín devólvenos ós territorios da lei da cabalería e do amor cortés.
A recuperación dos vellos heroes, Rei Artur, Guenebra, Lanzarote, Merlín. . ., supón o anovamento do pulo creativo, da tensión imaxinaria. A materia de Bretaña proporciónanos un camiño de recuperación da vella enerxía narrativa polo regreso ás fontes.
Mailos heroes cos seus grandes ideais tráennos o alento quente da enerxía aventureira. ¿Quen non está xa canso de insignificantes anti-heroes, de homes sen atributos erixidos en insoportables protagonistas? Benvidos outra vez o noble Arturo, o grande Merlín, o forte Lanzarote, a bela Xenebra. O noso tempo revísteos de dúbidas máis fortes, tingue de inevitable escepticismo as súas reflexións, quizais advirte inconfesables desexos nas súas relacións, pero, ó cabo, seguen a ser auténticos heroes. Abrámoslle, pois, por sempre, as terras de Galicia.