- Editorial:
- EDITORIAL GALAXIA S.A.
- Ano de edición:
- 2006
- ISBN:
- 978-84-8288-900-9
- Páxinas:
- 332
- Encadernación:
- Rústica
- Colección:
- Literaria
BROOKLYN FOLLIES
AUSTER, PAUL
Algúns dos grandes mitos da cultura norteamericana, entre eles a liberdade de escoller o propio destino e a capacidade para xurdir logo do fracaso, constitúen o pano de fondo desta novela na que Auster artella a narración arredor dun mangado de personaxes trazados dun xeito extraordinariamente vívido e veraz. Brooklyn Follies é unha novela chea de sopresas, na que a carón da cidade de Nova York aparecen os Estados Unidos do fanatismo relixioso e o mundo idílico da sociedade rural como dúas caras da mesma moeda. Coma no resto da súa obra, Auster xoga coas referencias literarias e co valor da literatura para redimir as persoas. Natham Glass, o protagonista, non só atopa en Brooklyn un refuxio, alí volve a atopar o que daba por perdido: a emoción da amizade, a emoción do amor e a capacidade de reinventarse a si mesmo. Unha novela que explora as encrucilladas da vida, os puntos de inflexión nos que aínda é posible recuperar a liberdade e desmentir o destino.