- Editorial:
- EDICIONS MORGANTE
- Ano de edición:
- 2012
- ISBN:
- 978-84-15166-35-1
- Páxinas:
- 324
O CODIGO DA VINCHA
RETRINCOS DA INTRAHISTORIA DE CERDEDO
SOLLA, CALROS
Aquel Cerdedo louzán das cinco mil almas, das tres bandas de música e dos dous equipos de fútbol avellentou mal. Aquel vizoso Cerdedo preditatorial encama hogano a súa osame maltreita. A súa faciana amosa os efectos irreversíbeis dunha dieta pobre en calcio e as consecuencias dunha histérica e chambona cirurxía. O sancristán da crise tanxe, metódico, as campás a toque de defunto. Non obstante, Cerdedo agocha en si mesmo o antídoto contra este veleno paralizante. Urxe, pois, asollalo, liberalizar a súa patente; descifrármonos novamente, redescubrirnos, estimándonos no que fomos para atinxir o que degoxamos ser.