- Editorial:
- KALANDRAKA EDITORA
- Año de edición:
- 2004
- Materia
- Prelectores, de 0 a 5 anos
- ISBN:
- 978-84-95123-51-0
- Páginas:
- 61
- Encuadernación:
- Cartoné
- Colección:
- Tras os montes
CONTOS DE RATIÑOS
LOBEL, ARNOLD
Que sorte ir á cama cun conto, pero se son sete, moito mellor! Unha xoia para calquera biblioteca?
-Papá, xa estamos todos na cama - dixeron os ratiños-. Anda, cóntanos un conto.
-Farei algo mellor -dixo o Papá-. Contareivos sete contos, un para cada un...
Non existe nada máis agradable que durmir cun conto, e se ademais son como os sete que conta Papá Rato,
moito mellor! Sete historias que farán as delicias de sete ratiños e, con toda seguridade, de todos os nenos e nenas. Así foi, así é, e así seguirá sendo durante moitas xeracións.
A finalidade dos contos de Lobel -fábulas na súa maior
parte - é conseguir que os nenos aprendan a ler dun
xeito divertido. Só escritores cunha enorme sensibilidade como Lobel foron quen de utilizar un estilo inocente, sen pecar de pueril, tanto na
narración como nas ilustracións que creaba, dixeron os principais especialistas en Literatura Infantil e
Xuvenil.
Contos de ratiños converteuse nun referente ineludible e incuestionable, polos seus textos e ilustracións sinxelos e evocadores. Deste mesmo autor, KALANDRAKA tamén publicou Sopa de rato, O porquiño e Tío Elefante"